Diferenzas entre revisións de «Coca (mitoloxía)»

arranxiños
(→‎Bibliografía: arranxiño na cita libro)
(arranxiños)
{{Outroshomónimos|Coca}}
[[Ficheiro:Tarasca.jpg|miniatura|240px|A Tarasca de Santa Marta, procesión do ''[[Corpus CrhistiChristi]]'' en [[Valencia - València|Valencia]].]]
A '''coca''' ou '''tarasca''' é un ser da [[mitoloxía galega]] que vive nas augas do mar ou dos ríos. É un animal monstruoso con corpo de dragón e cola de serpe, e do lombo nácenlle dúas enormes ás, semellantes ás dos [[morcego]]s. Ten catro patas armadas de fortes gadoupas, e na súa faciana aluman uns ollos terribles, sobre unha enorme boca con agudos dentes.
 
A tradición di que se presentou un día en [[Redondela]]. Xurdiu das ondas do mar, que estaba moi embravecido, e nun veloz ataque devorou a dúas raparigas que xogaban na praia da vila. Repetiu moitas veces o seu ataque, levando sempre as máis fermosas cativas. Os veciños de Redondela escolleron en asemblea os vinte e catro homes máis fortes e destemidos, coa encomenda de atacar a tarasca na súa próxima aparición. A campá da igrexa deu o aviso da chegada do monstro e os elixidos acosárona e déronlle morte coas súas espadas. Formouse de contado unha gran procesión e ó redor da besta morta os loitadores iniciaron unha danza, as mozas seguiron o baile erguendo nos ombreiros as meniñas máis novas, e danzando con elas en alto.
 
Pénsase que aí ten a súa orixe a danza das espadas e o baile das ''penlas'', cos que anualmente se celebra a morte da coca. Tamén se teñen datos de outras cocas en Galicia: en [[Verín]], en [[Baiona]] (que era de Sabarís), en [[Betanzos]] (chamada Camelo), [[A Coruña]] (chamada Tarea), [[Ourense]] (Coquetriz), [[Pontevedra]] (que a mataron uns mariñeiros dunha pequena nao), [[Ribadavia]] (Becha), [[Santiago de Compostela|Compostela]] e [[Tui]]. <ref name=CUBA52>Cuba,{{Cita Miranda e Reigosa (1999:84-85).</ref>libro
|título = [[Diccionario dos seres míticos galegos]]
|autor = [[Xoán Ramiro Cuba|Xoán Ramiro CUBA]], [[Xosé Miranda|Xosé MIRANDA]] e [[Antonio Reigosa|Antonio REIGOSA]]
|localización= [[Vigo]]
|edición = [[Edicións Xerais de Galicia]]
|ano = [[1999]]
|páxina = 84-85
|isbn = ISBN 84-8302-363-6
}}</ref>
 
== Notas ==
96.384

edicións