Mesrop Mashtots: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ptbotgourou (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: en:Mesrop Mashtots
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 4:
 
== Vida ==
Mesrob Mashtots naceu en Taron<ref name="koryun">[http://www.vehi.net/istoriya/armenia/korun/english/index.html ''The Life of Mashtots''], translation into Russian and intro by Sh.V.Smbatyan and K.A.Melik-Oghajanyan, Moscow, 1962.</ref> e morreu en Vagharshapat. Koryun, o seu pupilo e biógrafo, conta que Mesrob recibiu unha educación liberal, e foi versado nos idiomas [[lingua grega antiga|grego]], [[lingua siriaca|siriacosiríaco]] e [[lingua persa|persa]]. Debido á súa "piedade e aprendizaxe" Mesrob foi nomeado secretario do rei Cosroes III. O seu deber era escribir en grego, persa e siriacosiríaco os decretos e edictos do soberano.
 
Mais Mesrop deixa posteriormente a vida na corte para adicarse á [[relixión]], tomou os hábitos, e retirouse a un [[mosteiro]] cuns poucos compañeiros elixidos. Alí, de acordo a Koryun, someteuse a grandes austeridades, soportando a fame e a sede, o frío e a pobreza. Vivía de vexetais, vestía só un cilicio, durmía no chan, e a miúdo pasaba noites enteiras orando e estudando a [[Biblia]]. Continuou con este réxime de vida por uns poucos anos.
Liña 10:
Armenia foi durante longo tempo campo de batalla entre [[Antiga Roma|romanos]] e [[Persia|persas]], perdendo a súa independencia no ano [[387]] e sendo dividida entre o [[Imperio bizantino]] e a propia [[Persia]], quedando catro quintos do seu territorio dentro dos novos límites persas. O oeste de Armenia foi entón gobernado por xenerais bizantinos, mentres que un rei armenio gobernaba como un súbdito do territorio armenio de Persia. A Igrexa viuse influída por estas políticas, aínda que a perda da [[independencia]] civil e a división do terreo non puideron destruír a súa organización. A persecución relixiosa produciu unha maior actividade, e tivo como efecto o producir unha unión do clero, os nobres e o pobo. Os principais eventos deste período son a invención do [[alfabeto armenio]], a revisión da liturxia, a creación dunha literatura nacional e eclesiástica e o reaxuste das relacións xerárquicas. Tres homes están asociados con ese traballo: Isaac de Armenia, o Rei Vramshapuh, que sucedeu ao seu irmán Cosroes III en [[394]], e Mesrop Mashtots.
 
[[Ficheiro:Mesrop1776t.jpg|thumb|left|190px|Ilustración de MesrobMesrop Mashtots nun manuscrito de 1776.]]
No caso de Mesrop Mashtots, co apoio do príncipe Shampith, adicouse a predicar os [[Evanxeo|Evanxeos]] no distrito de Golthn preto do río Araxes, convertendo a moitos "[[Herexía|herexes]]" e "[[Paganismo|pagáns]]". Con todo, pasou grandes dificultades xa que os armenios non tiñan alfabeto propio: utilizaban as [[alfabeto grego|escrituras grega]], [[Lingua iraniana|persa]] e [[alfabeto siriaca|siriaca]], mais ningunha era adecuada para representar correctamente os numerosos sons da súa lingua nativa. Consideraba que os textos sagrados e a liturxia, escritas en siriacosiríaco, resultaban para moitos ilexibles, polo que había unha constante necesidade de tradutores e intérpretes.
 
Desexoso de corrixir a situación, Mesrop decidiu inventar un alfabeto nacional, para o cal o rei Vramshapuh e Isaac prometeron asistilo. Resulta difícil determinar exactamente que rol tivo Mesrop Mashtots na creación do novo alfabeto. De acordo cos seus biógrafos armenios, consultou a Daniel, un bispo de [[Mesopotamia]], e a Rufinus, un monxe de Samosata e coa súa axuda puido darlle unha forma definitiva, que probablemente adaptou do grego. Outros, como Lenormant, pensan que foi derivado do Zend. O alfabeto de Mesrob consiste en trinta e seis letras, outras dúas (o O longo e o F) foron agregadas durante o século XII.
 
Ansiando que outros se beneficiasen do seu invento, e incentivado polo patriarca e o rei, Mesrob Mashtots fundou numerosas escolas en diferentes partes do país onde os mozos aprendían o novo alfabeto. Mais a súa actuación non estivo confinada só á Armenia oriental. Provisto de cartas de Isaac, foi a [[Constantinopla]] e obtivo permiso do emperador [[Teodosio o Mozo]] para predicar e ensinar nas súas posesións armenias. Mesrob evanxelizou sucesivamente aos Gregorianos e aos [[Albania|Albanos]] (''Aghouanghks''), adaptando o alfabeto aos seus idiomas e, construíndo nos sitios onde predicaba escolas seleccionando a mestres e sacerdotes para que continuasen a súa laboura. Regresando a Armenia Oriental para reportar os resultados das súas misións ao patriarca, pensou por primeira vez en prover aos seus compatriotas de literatura relixiosa. Xuntounumerosos discípulos e enviou algúns a [[Edessa]], [[Constantinopla]], [[Atenas]], [[Antioquía]], [[Alexandría]], e outros centros de aprendizaxe a estudar o idioma grego e traer de regreso pezas mestras da súa literatura. Algúns dos seus máis famosos discípulos foron Xoán de Egheghiatz, Xosé de Baghin, Yeznik, Koryun, Moisés de Chorene ou Xoán Mandakuni.
 
=== O alfabeto armenio ===
[[Ficheiro:Dzeragir.jpg|right|thumb|Versos de Mesrob Mashtots]]
{{AP|Alfabeto armenio}}
[[Ficheiro:Dzeragir.jpg|right|thumb|Versos de MesrobMesrop Mashtots.]]
{{VT|Lingua armenia}}
A invención do alfabeto no ano [[406]] determinou o comezo da literatura armenia,<ref>[Histoire du Bas-Empire de Lebeau, V, 320]</ref> e probou ser un factor poderoso na formación dun espírito nacionalista. "O resultado do traballo de Mesrob e Isaac", di San Martiño, "foi separar para sempre ao pobo armenio doutros pobos do leste, para convertelos nunha nación propia, e para fortalecer neles a fe cristiá prohibindo o uso de alfabetos estranxeiros profanos que eran utilizados para transcribir os libros pagáns dos seguidores de [[Zoroastro]] (tamén chamado [[Zaratustra]]). A Mesrob debémoslle a preservación da linguaxe e a literatura armenias; porque sen o seu traballo, o seu pobo sería absorbido polos persas e sirios, e desaparecería como moitas outras nacións do leste".
 
A primeira gran obra da literatura armenia foi a versión das [[Biblia]]. Isaac, segundo Mosiés de Chorene, realizou unha tradución da Biblia dun texto sirio cara ao ano [[411]]. Este traballo debeu ser considerado imperfecto, xa que pouco despois Xoán de Egheghiatz e Xosé de Baghin foron enviados a Edessa para traducila. Chegaron até [[Constantinopla]] e regresaron con copias da versión grega. Coa axuda doutras copias obtidas de [[Alexandría]], a Biblia foi traducida, novamente do grego, de acordo co texto da versión do Setenta e a "Hexapla" de Orixes. Esta versión, actualmente en uso na igrexa armenia, foi completada ao redor do ano [[434]].
 
Os decretos dos tres primeiros [[concilio]]s ([[Primeiro Concilio de Nicea|Nicea]], Constantinopla e [[Concilio de Éfeso|Éfeso]]) e a liturxia nacional (até ese entón escrita en siríaco) tamén foi traducida ao armenio, sendo a última revisada segundo a liturxia de [[San Basilio]], aínda que retendo algunhas características propias. Moitas obras dos [[Padres da Igrexa|Pais Gregos]] tamén foron traducidas. A perda dos orixinais gregos deu especial importancia a algunhas destas versións; así, a segunda parte das Crónicas de [[Eusebio de Cesarea|Eusebio]], das que só se conservan algúns fragmentos en grego, consérvase íntegro en armenio. Mesrop volveu visitar os sitios que había evangelizado e, despois da morte de Isaac no ano [[440]], encargouse da administración espiritual do patriarcado. Sobreviviu ao seu mestre e amigo só seis meses. Os armenios len o seu nome no Canon da Misa, e celebran a súa memoria o [[19 de febreiro]]. San Mesrop está soterrado en Oshakan, unha vila a 8 km do suroeste de Ashtarak.
 
== Notas ==