Coca (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Lenda: lig. int.
Liña 5:
A tradición di que se presentou un día en [[Redondela]]. Xurdiu das ondas do mar, que estaba moi embravecido, e nun veloz ataque devorou a dúas raparigas que xogaban na praia da vila. Repetiu moitas veces o seu ataque, levando sempre as máis fermosas cativas. Os veciños de Redondela escolleron en asemblea os vinte e catro homes máis fortes e destemidos, coa encomenda de atacar a tarasca na súa próxima aparición. A campá da igrexa deu o aviso da chegada do monstro e os elixidos acosárona e dándolle morte coas súas espadas. Formouse de contado unha gran procesión e ó redor da besta morta os loitadores iniciaron unha danza, as mozas seguiron o baile erguendo nos ombreiros as meniñas máis novas, e danzando con elas en alto.
 
Pénsase que aí ten a súa orixe a danza das espadas e o baile das ''penlas'', cos que anualmente se celebra a morte da coca. Tamén se teñen datos de outras cocas en Galicia: en [[Verín]], en [[Baiona]] (que era de Sabarís), en [[Betanzos]] (chamada Camelo), [[A Coruña]] (chamada Tarea), [[Ourense]] (Coquetriz), [[Pontevedra]] (que a mataron uns mariñeiros dunha pequena nao), [[Ribadavia]] (Becha), [[Santiago de Compostela|Compostela]] e [[Tui]]. <ref name=CUBA52>Cuba, Miranda e Reigosa (1999:84-85).</ref>
 
== Notas ==