Coca (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Nova páxina: "A '''coca''' é un ser da mitoloxía galega que vive nas augas do mar ou dos ríos. É una animal monstruoso con corpo de dragón e cola de serpe, e do lombo nácenlle dúas e..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 24 de setembro de 2012 ás 18:56

A coca é un ser da mitoloxía galega que vive nas augas do mar ou dos ríos. É una animal monstruoso con corpo de dragón e cola de serpe, e do lombo nácenlle dúas enormes ás, semellantes ás dos morcegos. Ten catro patas armadas de fortes gadoupas, e na súa feroz faciana aluman uns ollos terribles, sobre unha enorme boca con agudos dentes.

Lenda

A tradición di que se presentouse un día en Redondela. Xurdiu das ondas do mar, que estaba moi embravecido, e nun veloz ataque devorou a dúas raparigas que xogaban na praia da vila. Repetiu moitas veces o seu ataque, levando sempre as máis fermosas cativas. Os veciños de Redondela escolleron en asemblea os vinte catro homes máis fortes e destemidos, coa encomenda de atacar a tarasca na súa próxima aparición. A campá da igrexa deu o aviso da chegada do monstro e os vinte catro elixidos acosárona, dándolle morte coas súas espadas. Formouse de contado unha grande procesión e ó redor da besta morta os loitadores iniciaron unha danza, as mozas seguiron o baile erguendo nos ombreiros as meniñas máis novas, e danzando con elas en alto.

Pénsase que aí ten a súa orixe a danza das espadas e o baile das penlas, cos que anualmente se celebra a morte da coca. Tamén se teñen datos de outras cocas en Galicia: en Verín, en Baiona (que era de Sabarís), en Betanzos (chamada Camelo), A Coruña (chamada Tarea), Ourense (Coquetriz), Pontevedra (que a mataron uns mariñeiros dunha pequena nao), Ribadavia (Becha), Compostela e Tui. [1]

Notas

  1. Cuba, Miranda e Reigosa (1999:84-85).

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía