Cantil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m arranxiño
Liña 6:
Un '''cantil''' ou '''acantilado''' é un accidente xeográfico que consiste nun lugar escarpado, de gran pendente vertical normalmente preto do [[mar]], sobre o que forma un beiril ou balconada. Tamén poden considerarse cantís os que existen nas [[montaña]]s, [[falla]]s e beiras dos [[río]]s ('''cárcavas''' ou '''cavorcos''').
 
Os cantís acostuman estar formados de rochas resistentes á [[erosión]] e ao desgaste pola acción da [[atmosfera]], xeralmente [[Rocha sedimentaria|rochas sedimentarias]] coma [[limonita]]a, [[arenita]]a, [[calcaria]]a ou [[dolomía]]a, malia aparecer tamén [[rocha magmática|rochas magmáticas]] coma [[basalto]]s ou [[granito]]s, coma no caso das formacións galegas.
 
Unha '''[[escarpa]]''' é un caso particular de cantil, formada polo movemento dunha [[falla]] [[tectónica]] ou un derrbamento. A meirande parte dos cantís rematan a xeito de pendente no seu baseamento; en áreas áridas ou baixo grandes cantís, o [[noiro]] é polo xeral un amoreamento de rochas desprendidas, mentres que nas áreas de maior humidade, as rochas do talude fican cubertas por unha camada de terra compactada pola humidade, formando un [[solo]].