Heródoto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TjBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: lij:Erodoto
m →‎Traxectoria: Xerxes I
Liña 8:
Heródoto escribiu a historia da invasión [[Persia|persa]] de Grecia, coñecida como a ''As historias de Heródoto'', considerada a primeira obra de historia, ata entón rexistrábanse os acontecementos históricos en crónicas e épicas, pero Heródoto foi o primeiro en tratar o pasado como un problema filosófico, que permitía coñecer o comportamento humano. E foi o primeiro en recoller testemuñas presentes nos feitos que describía e preocuparse pola obxectividade, na súa obra dá tamén abondas referencias etnográficas. Aínda que a obra non foi apreciada na antigüídade, [[Aristóteles]] califícaa de mitóloga, [[Aulo Xelio]] califícao de fabuladora, e tan só a partir do [[Renacemento]] comezou a ser valorada.
 
''As historias'' publicouse entre o [[-430|430]] a.C. e o [[-424|424]] a. C., divídense en nove libros, que reciben o nome das [[musa]]s. Os primeiros seis tratan do medre do [[Imperio Persa]] e da súa influencia en Grecia. Os tres últimos describe os intentos do rei [[Xerxes I|Xerxes]] por vingar a [[batalla de Maratón]] e absorber Grecia dentro do Imperio Persa.
 
Heródoto describe na súa obra os confíns da terra, nese contexto enténdese a primeira referencia ás illas [[Casitérides]] no libro terceiro, aínda que só para afirmar que non sabe nada delas.