Fidias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Obra: Idade Antiga
Liña 6:
Deseñou as xigantescas estatuas da deusa [[Atenea Partenos|Atenea]] no [[Partenón]] de [[Atenas]] e a colosal [[Estatua de Zeus en Olimpia]], no [[século -V]]. Parece ser que parte das súas obras foron executadas en tempo de [[Pericles]], que exerceu o goberno en solitario despois do ano [[-447]].
 
== BiografíaTraxectoria ==
Medrou, estudou e traballou en Atenas. Tense informacións diversas da súa aprendizaxe. Tanto [[Hexias de Atenas]] como [[Axeladas]] de [[Cidade de Argos|Argos]] ou o pintor [[Polignoto]] de [[TasosThasos]] poderían ter sido os seus mestres. En favor de Axeladas pódese dicir que o estilo das numerosas escolas [[orde dórica|dóricas]] pode verse nalgunhas das súas obras. Estudou con [[Mirón (escultor)|Mirón]] e [[Policleto]] discípulos de Axeladas. Probabelmente na súa familia había outros artistas, como o seu sobriño, o pintor [[Paneno]]; el mesmo foi pintor antes de pasar á escultura; traballou tamén por diversas cidades gregas.
 
Da vida de Fidias, pouca cousa máis se sabe á parte das súas creacións. Segundo [[Plutarco de Queronea|Plutarco]] foi obxecto de ataque por parte dos inimigos políticos de [[Pericles]], e morreu na prisión de [[Atenas]] o [[-332|332 a.C.]]. Segundo [[Filocoro]], segundo cita un comentarista de [[Aristófanes]], fuxiu a [[Elis]] o [[-337|337 a.C.]] onde esculpiu a gran estatua de [[Zeus]] por encarga do goberno da cidade, e máis tarde foi morto polos eleos o [[-332|332 a.C.]]. Por razóns diversas a primeira versión é máis probábel.
 
== Obra ==