Diferenzas entre revisións de «Heparina»

sen resumo de edición
A '''heparina''' (do grego ηπαρ, ''hepar'', [[fígado]]), é un polisacárido sulfatado do grupo dos [[glicosaminoglicano]]s, que se utiliza como [[anticoagulante]]. Ten a maior densidade de carga negativa de todas as biomoléculas coñecidas.<ref name= cox>{{cita libro |autor = Cox M., Nelson D. | título = Lehninger, Principles of Biochemistry | edición=4 | editor = Freeman | ano = 2004 | páxina=1100 | isbn=0-71674339-6 }}</ref> Tamén se usa en diversos aparellos médicos e de laboratorio para formar unha superficie anticoagulante interna, tales como [[tubo de ensaio|tubos de ensaio]] e máquinas de [[hemodiálise]].
 
Aínda que o seu uso médico principal é como anticoagulante, o seu verdadeiro papel fisiolóxico no corpo non está claro, porque a misión da anticoagulación no sangue lévana a cabo fundamentalmente os proteoglicanos con [[heparán sulfato]] (e non a heparina) derivados das células do [[endotelio]] vascular.<ref>{{cite journal | author=Marcum JA, McKenney JB. ''et al.'' | title= Anticoagulantly active heparin-like molecules from mast cell-deficient mice | journal= Am. J. Physiol. | year=1986 | volume=250 | issue=5 Pt 2 | pages=H879–888 | pmid =3706560}}</ref> A heparina almacénase normalmente nos gránulos secretorios dos [[mastocito]]s, e é liberada nos vasos sanguíneos nos sitios onde hai danos tisulares. Suxeriuse que, en vez da anticoagulación, a misión principal da heparina no organismo podería ser a defensa dos tecidos danados contra a invasión de bacterias e materiais estraños.<ref>{{cite journal | author=Nader, HB ''et al.'' | title=Heparan sulfates and heparins: similar compounds performing the same functions in vertebrates and invertebrates? | journal= Braz. J. Med. Biol. Res. | year=1999 | volume=32 | issue=5 | pages=529–538 | pmid = 10412563 | doi=10.1590/S0100-879X1999000500005}}</ref> Ademais, a heparina é unha substancia conservada evolutivamente en moitos [[taxon]]s de animais, incluídos algúns invertebrados que non teñen sistemas de [[coagulación sanguínea]] comparables.
 
== Estrutura química ==
190.251

edicións