Abrir o menú principal

Cambios

m
→‎Base: arranxiño
A [[base (arquitectura)|base]] ('''d''' no esquema), do [[latín]] ''base'' (planta do [[pé (anatomía)|pé]]), é o punto de ligazón do [[fuste]] co [[pedestal]] ou co [[estilóbata]] do edificio. Na [[arquitectura clásica]] posúe un tratamento estético de seu, que obedece aos principios da [[orde arquitectónica|orde]] empregada. Na antigüidade clásica a base comeza cunha placa cadrada chamada '''plinto''' ('''k''' no esquema) que pode ser seguida doutros discos de perfil cóncavo ou convexo ('''l''' no esquema) e que ten por obxectivo darlle maior plasticidade visual.
 
Nas ordes clásicas a base aséntase nunha construción en chanzos chamada '''[[krepis]]''' ou '''[[estereóbata]]''' ('''a''' no esquema) cuxo derradeiro nivel é o '''estilóbata''' ('''E''' no esquema). Este derradeiro nivel contaba cunha lixeira deformación cóncava á que acompañaba unha deformación convexa do entablamentoentaboamento, e que tiña como obxectivo contrarrestar a tendencia do ollo a conceder máis peso visual aos extremos dun prisma. O elemento cuneiforme que permite o correcto asentamento da base da columna sobre o estilóbata non horizontal é o '''scamillus''' ('''j''' no esquema).
 
Pódense atopar bases decoradas con elementos [[xeometría|xeométricos]], [[vexetal|vexetais]] ou [[animal|animais]] fantásticos.
99.632

edicións