Hole: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: an:Hole
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 15:
 
== Historia ==
'''Hole''' foi formado nos [[Os Ánxeles - Los Angeles|Ánxeles]] por [[Courtney Love]], que decidiu formar a súa propia banda despois de estar por pouco tempo entre outras bandas como [[Faith No More]] e Sugar Doll (ao lado de [[Kat Bjelland]], que formaría [[Babes in Toyland]]). Courntey puxo un anuncio nos clasificados do xornal de música ''Flipside and The Recycler'' dos [[Os Ánxeles - Los Angeles|Ánxeles]], que dicía sinxelamente: "Quero formar unha banda. As miñas influencias son Big Black, [[Sonic Youth]] e Fleetwood Mac."
 
Courtney estaba impaciente, e mentres agardaba respostas ao seu anuncio, ela mercou o [[baixo]] da súa veciña Lisa e as dúas comezaron a practicar xuntas. A primeira persoa en respostar ao anuncianuncio foi [[Eric Erlandson]], guitarrista de 27 anos que traballaba na Capitol Records.
 
Lisa saíu da banda e máis tarde foi substituída por Jill Emery no [[baixo]]. Eles finalmente atoparon unha batería, Caroline Rue e a partir de entón pasaron a ensaiar con percusión. O único que faltaba era era un nome para a banda.
 
Nun principio, Courtney tivo a idea de chamar á súa banda ''Sweet Baby Crystal Powered By God'', pero desistíu xa que o nome Hole víu á súa cabeza.
 
O recénacabado bautizadode nacer Hole fixo o seu primeiro concerto en [[Hollywood]], e posteriormente comezou a tocar en bares e clubes nos [[Os Ánxeles - Los Angeles|Ánxeles]]. O primeiro sinxelo independente foi ''Retard Girl'', lanzado en marzo de [[1990]] e non pasou moito para que a banda asinase un contrato co selo independente Caroline Records.
 
Despois do lanzamento do seu primeiro sinxelo, Hole fixo unha pequena xira polos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], tocando en bares e pequenos clubes, antes de voltarvolver ao estudio para gravar o seu primeiro álbum. ''Pretty on the Inside'' foi lanzado en setembro de [[1991]], co seu son punk pouco convencional e moi barullento.
 
=== ''Pretty on the Inside'' ===
O álbum recibíurecibiu críticas moi positivas nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], e o tema "Teenage Whore" foi escollido sinxelo da semana pola revista ''Spin''. ''[[Pretty on the Inside]]'' tamén estivo presente na lista dos 20 mellores álbums da influente revista británica Melody Maker e "Teenage Whore" entrou no top 20 da lista de sinxelos inglesa.
 
En outubro de [[1991]] Courtney iniciou a súa polémicopolémica relación con [[Kurt Cobain]], e en novembro Hole iniciou unha xira por [[Europa]]. Nesa época Courtney comezou a escribir letras para ser usadas no segundo álbum da banda. Nese tempo a banda múdase a [[Seattle]].
 
Despois de casar con Kurt, en febreiro de [[1992]], Courtney voltavolveu a concentrarse na súa banda e a escribir máis letras. Emery e Caroline deciden deixar Hole e son substituidossubstituídas por [[Patty Schemel]] na [[batería (instrumento musical)|batería]] e, por un curto período, Leslie Hardy no [[baixo]], que só estivo nusnuns poucos concertos. Eles chegaron a convidar á baixista [[Kristen Pfaff]] que na época non estaba disposta a deixar a súa banda, Janitor Joe.
 
Hole chamou a atención de moitas [[discográfica]]s grandes e acabaron asinando coa Geffen. Nesa época, a revista ''Vanity Fair'' escribíuescribiu un escandaloso artigo, literalmente culpando a Courtney do uso de heroína por parte de [[Kurt Cobain]], e de que ela a consumise estando embarazada, algo que Courntey e o propio Kurt negaron. A filla de ambos, Frances Bean Cobain naceu o [[8 de agosto]] de [[1992]] coa súdesaúde perfecta. O xulgado de menores dos [[Os Ánxeles - Los Angeles|Ánxeles]] quitoulles a custodia da nena, para despois recuperala en setembro do mesmo ano. Ese incidente xerou a letra "Who took my baby? .. It's not yours... FUCK YOU!" que aparecerá no seguinte álbum de Hole.
 
En marzo de [[1993]], Hole tocou nun festival especial en [[Londres]], só para mulleres. Nese momento a banda estaba lista para retornar ao estudio para gravar o seu segundo álbum, e novamente convidaron a [[Kristen Pfaff]] para integrar a banda e, desa vez, ela aceptou a invitación. As gravacións comezaron en xullo, na cidade de [[Atlanta]].
 
Os meses entre as gravacións de ''[[Live Through This]]'' e seu lanzamento foron extremadamente difíciles para Courtney. [[Kurt Cobain]] estaba sumido nunha fonda depresión, o seu problema de estómago deixábao aínda máis debilitado, ao mesmo tempo no que a súa adicción á heroína era cada vez máis sérioserio. AparteÁ parte diso, el mercara varias armas de fogo.
 
A principios de febreiro de [[1994]], o álbum oportunamente titulado ''[[Live Through This]]'' estaba finalizado e con data de lanzamento prevista para abril. Antes do seu lanzamento, o álbum foi aclamado polos críticos das revistas ''Spin'' e ''Rolling Stone'', que recibiran copias promocionais. Nese intre, [[Kurt Cobain]] estaba en [[Roma]], de xira con [[Nirvana (grupo musical)|Nirvana]] e Courtney estaba alí acompañándoo. Kurt tivo unha sobredose de champán mesturado con tranquilizantes e durante o traxecto da ambulancia, Courtney agredíuagrediu a un paparazzi.
 
De volta a [[Seattle]], o estado de saúde de Kurt continuaba deteriorándose e o [[8 de abril]] de [[1994]] foi atopado morto dun disparo na cabeza no sotano da súa casa en [[Seattle]]. Dúas semanas despois ''[[Live Through This]]'' foi lanzado.
 
=== ''Live Through This'' ===
''[[Live Through This]]'' recibíurecibiu críticas positivas de revistas musicais de todo o mundo, pero a xira que a banda tiña preparada polos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] foi cancelada. O [[13 de xuño]] Hole reuníuse para decidir que facer. Os integrantes deciden non acabar coa banda, pero acordan tomarse un tempo. [[Kristen Pfaff]] voltavolveu paraa [[Minneapolis, Minnesota|Minneapolis]] ([[Minnesota]]) para tocar coa súa antiga banda e morremorreu o día [[15 de xuño]] de [[1994]] por sobredose de heroína, e ésendo atopada por [[Eric Erlandson]] no día seguinte.
 
Despois da morte de Kristen, Courtney, Eric e Patty deciden buscar unha nova baixista e acaban decidíndose por [[Melissa Auf der Maur]], unha canadense que tocaba nunha banda chamada Tinker. Melissa foi recomendada por [[Billy Corgan]] de [[The Smashing Pumpkins]].
Liña 51:
Hole retomou a súa carreira en agosto, tocando no Reading Festival en [[Inglaterra]]. En setembro, a banda tocou de teloneira nalgúns concertos de [[Nine Inch Nails]], que estaba na xira do álbum ''Downward Spiral''.
 
A finais de [[1994]], a banda participa na banda sonora da película ''Tank Girl'', que incluía cancións de [[Veruca Salt]] e de [[Björk]]. Hole contrubuíu co tema "Drown Soda", gravada en directo na radio BBC. En xaneiro de [[1995]], a banda viaxou a [[Australia]] para tocar no festival Big Day Out.
 
Aínda en [[1995]], Courtney participou nalgunhas películas, incluíndo pequenos papeis en ''Felling Minnesota'' e ''Basquiat''. No mesmo ano, Hole fixo unha pequena xira por [[Europa]] e participou no festival Lollaplooza. Durante este festival, Courtney agredíuagrediu a [[Kathleen Hanna]], da banda [[Bikini Kill]], que fixera comentarios sobre Frances. Courtney conseguíuconseguiu un novo papel na película ''The People Vs. Larry Flynt'', desta vez era un papel importante como Althea Flynt, esposa de Larry Flynt, da revista ''Hustler''. En setembro, a antiga discográfica de Hole, Caroline Records, lanzou un EP chamado ''Ask For It'' que contiña cancións antigas e presentacións na BBC. No mesmo mes, a banda tocou "Violet" no MTV Video Music Awards. Nesa época o álbum ''[[Live Through This]]'' chega a un millón de copias vendidas nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]].
 
A banda pasa un tempo en [[Nova Orleáns - New Orleans, Luisiana|New OrleansOrleáns]] en decembro de [[1995]] para comezar a compoñer material para o seu terceiro álbum e deixa a cidade pouco antes do Nadal. ''The People Vs. Larry Flynt'' estreouse en [[1996]] e Courtney foi aclamada pola crítica pola súa atuaciónactuación, gañando un Globo de Ouro.
 
=== ''Celebrity Skin'' ===