Ramón Pérez Costales: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
máis categorías
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Malia comezar os seus estudos na [[universidade de Oviedo]], tivo que trasladarse a [[Santiago de Compostela]] debido a compomisos laborais do seu pai, cidade onde remataría a licenciatura de medicina en [[1854]]. En [[1866]] trala sublevación dos sarxentos do cuartel de San-Gil en [[Madrid]] exíliase a [[Portugal]]. Dous anos depoisdespois, en [[1868]] volta instalándose na [[A Coruña|Coruña]] e formando parte do [[Partido Repúblicano Federal]] de [[Francesc Pi i Margall]], alí traballaría duramente na actividade política do partido ata que ser apartado da dirección, intre no que comeza a espallar a idea de crear a [[Unión Republicana de Galicia]].
 
Foi elixido deputado por [[A Coruña]] en [[1872]] e en [[1873]] (Cortes Constituíntes da [[Primeira República Española|I República]]) volveu ser deputado por [[Carral]]. Presentou ás Cortes a proposta de Estatuto de Galicia de [[José Sánchez Villamarín]], na que se pedía "una Galicia independiente pero parte integrante de la nación", aínda que o intento de autodeterminación nonon prosperou pola pouca duración da I República. Os republicanos federalistas elaboraron de novo en [[1883]] un proxecto de Constitución para o Estado Galaico, que foi aprobado pola primeira asemblea federal galega celebrada en [[1886]], que elixiu un Consello ode Goberno executivo presidido por [[Moreno Barcia]] e outros catro membros, un por cada provincia galega, sendo designado Pérez Costales en representación da [[Provincia da Coruña|Coruña]].
 
Cando Pi i Margall se fixo cargo da República foi designado [[Ministerio de Fomento de España|ministro de Fomento]] o 28 de xuño de 1873.