Polbo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.2) (Bot: Modifico: hi:अष्टबाहु
Servando2 (conversa | contribucións)
depois>despois
Liña 43:
 
== Reprodución ==
A reprodución dos polbos é sexuada e iniciase cun ritual de emparellamento que pode durar varias horas ou días entre o inicio da corte (durante a cal machos concorrentes poden competir de diversas formas para establecer dominación, sen necesariamente entrar en combate) e a fecundación. Os biólogos consideran que cando a femia está pronta para a fecundación ela libera unha [[feromona]] sexual que, ademais de atractivo, prevén para que o parceiro sexual non as devore (o [[canibalismo]] é común en varias especies de polbos). A femia pode ser fecundada por un ou mais parceiros sexuais nese período. Cando a femia o acepta, os [[espermatozoide]]s do polbo macho son introducidos, na forma de [[espermatóforo]]s, a través de dous brazos especializados, chamados de [[hectocotylus]]. O polbo macho morre nun período dalgúns meses despois da cópula. A femia, após a fecundación, pode gardar os espermatozoides por semanas até que os [[óvulo]]s estean maduros. Dependendo da especie, a femia deposita os ovos fecundados nun "niño" en fileiras ou illadamente que poden atinxir até 200.000 ovos. O niño xeralmente é un oco de pedra ou calquera outro lugar abrigado que ela limpa minuciosamente cos seus tentáculos (dotados de sensores de padal, os tentáculos poden identificar impurezas invisíbeis ao ollo). Durante a maduración dos ovos, a femia coida deles, evitando que algas e outros organismos os ataquen. Ela tamén facilita a circulación de correntes de agua a fin de que os óvulos reciban oxixenación suficiente. Durante esseese período a femia non se alimenta e normalmente morre pouco depoisdespois dosde os ovos eclodiren.<ref>http://www.royalbcmuseum.bc.ca/School_Programs/octopus/index-part2.html (en inglés)</ref>
 
Despois de eclodiren os ovos, as crías viven nunha fase ''paralarvae''. Nesa fase aliméntanse de pequenos animais do [[plancto]] tales como [[copépodos]], e larvas de [[caranguexo]]s e [[estrela do mar|estrelas do mar]]. Nesa fase integran a cadea trófica de seres vivos maiores como [[medusa]]s e [[balea]]s. Despois da fase ''paralarvae'', cando as crías se volven maiores, deixan a superficie dos mares, tornándose adultos no fondo dos mares, en baixas profundidades.