Selección de fútbol de Chile: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
m correccións
Servando2 (conversa | contribucións)
depois>despois
Liña 54:
A clasificación para a [[Mundial de Fútbol España 1982|Copa Mundial de Fútbol de España de 1982]] facía presaxiar un gran desempeño de Chile na cita mundialista. Os chilenos finalizaron líderes do Grupo 3 da clasificación, con tres triunfos e un empate, de catro partidos disputados, o que lles permitiu acceder á cita final. Ademais, con case o mesmo cadro, Chile saíra subcampión de [[Copa América]] [[1979]], co seu dianteiro Carlos Caszely como principal figura do torneo. En España, Chile formou parte do Grupo 2, xunto ás seleccións de {{sel|Alxeria}}, {{sel|Austria}} e [[Selección de fútbol de Alemaña|Alemaña Federal]]. No primeiro partido Chile, cun esquema defensivo e xogadores en mal estado físico, perdía tempranamente ante Austria por 1 a 0. No minuto 26, Caszely foi derrubado na área rival, ante o cal se sinalou [[penalti]] para o conxunto chileno. Gustavo Moscoso era o encargado de lanzalos, mais este finalmente cedeu a súa responsabilidade a Caszely. Caszely fallou, feito que curiosamente se converteu nun fito histórico para os seareiros chilenos. No seu segundo partido, Chile foi goleado por Alemaña Federal, o que comezaba a marcar a súa peor participación mundialista á data. Finalmente, Chile terminou perdendo os seu tres partidos: 0-1 ante [[Austria]], 1-4 ante [[Alemaña Federal]] e 2-3 ante a [[Alxeria]].
 
DepoisDespois de varios anos sen clasificarse, e de ser expulsados da clasificación cara o [[Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994|Mundial de 1994]], debido a que o gardameta chileno Rojas finxiu ser agredido polo público durante un partido en [[Maracanã]] fronte a {{sel|Brasil}} para tentar suspender o partido en marcha cando perdían 1-0, Chile conseguiu xogar o mundial de [[Mundial de Fútbol Francia 1998|Francia 1998]]. Para o evento deportivo, o adestrador Nelson Acosta conformou un equipo onde a maioría dos seus xogadores desenvolvíase no campionato local (soamente catro futbolistas militaban en clubs estranxeiros). A selección de fútbol de Chile foi situada no Grupo B xunto coas seleccións de {{sel|Austria}}, {{sel|Camerún}} e {{sel|Italia}}.
[[Ficheiro:Brazil & Chile match at World Cup 2010-06-28 3.jpg|miniatura|Encontro entre [[Mundial de Fútbol Sudáfrica 2010 - Fase final#Brasil - Chile|Brasil e Chile]] do [[Copa Mundial de Fútbol de 2010|Mundial 2010]].]]
Chile debutou fronte á [[Selección de fútbol de Italia|selección italiana]] o [[11 de xuño]] no [[Parc Lescure]] de [[Bordeos]]. O encontro finalizou con empate 2-2, con dous goles de Marcelo Salas,. O Stade Geoffroy-Guichard de Saint-Étienne albergou o segundo partido de Chile, disputado o [[17 de xuño]]. Este encontro fronte a {{sel|Austria}} tamén finalizou empatado, tras o 1-0 de Marcelo Salas e o 1-1 marcado polo xogador austriacoaustríaco [[Ivica Vastić]] no minuto 93. O partido contra {{sel|Camerún}} disputouse o [[23 de xuño]] no [[Stade da Beaujoire]] de [[Nantes, Francia|Nantes]]. Chile comezou gañando, grazas a un tiro libre executado por José Luís Sierra, quen logrou bater ao gardameta [[Jacques Songo'o]] colocando o balón no ángulo esquerdo da portaría. O encontro concluíu con empate 1-1, clasificándose Chile por primeira vez a segunda rolda dun Mundial xogado fóra de Chile. Finalmente, por oitavos de final, Chile caeu eliminado fronte a {{sel|Brasil}} por 4-1 no [[Parc des Princes]] de [[París]] o [[27 de xuño]].
 
Despois de varias ausencias, Chile clasificouse á [[Copa Mundial de Fútbol de 2010]] despois de gañar (2-4) a {{sel|Colombia}}, tras unha exitosa campaña en que logrou resultados históricos como a primeira vitoria oficial ante a [[selección de fútbol de Arxentina]], e as vitorias como visitante en {{sel|Colombia}}, {{sel|Perú}} e {{sel|Paraguai}}. O proceso ademais contou con varios partidos amigables, derrotando como visitante a {{sel|Dinamarca}}, {{sel|Eslovaquia}} e {{sel|Sudáfrica}}. Tralo sorteo realizado o [[4 de decembro]] de [[2009]], Chile foi situado no [[Mundial de Fútbol Sudáfrica 2010 - Grupo H|Grupo H da Copa Mundial de Fútbol de 2010]] xunto a {{sel|Honduras}}, {{sel|Suíza}} e {{sel|España}}, pasando á seguinte fase vencendo aos dous primeiros por pares de 1 a 0, mais caendo ante os españois por 2 goles a 1. En oitavos de final atopouse con {{sel|Brasil}}, tal como en [[Mundial de Fútbol Francia 1998|Francia 1998]], e caeu por [[Mundial de Fútbol Sudáfrica 2010 - Fase final#Brasil - Chile|3 goles a 0]] nun partido xogado no [[Estadio Ellis Park]] de [[Xohanesburgo]], terminando así a súa participación no mundial realizado en [[Sudáfrica]], e conseguindo o 10° lugar da clasificación xeral.
Liña 63:
O uniforme titular do representativo chileno caracterízase pola camiseta vermella, pantalóns azuis e medias brancas. O uniforme de recambio posúe camiseta branca, pantalóns brancos e medias azuis. Con todo, este uniforme non foi o único ao longo da súa historia. A primeira camiseta utilizada pola selección nacional, para os seus primeiros encontros internacionais de [[1910]], era metade vermella cara á dereita e metade branca cara á esquerda, con escudo á altura do peito sobre o costado esquerdo, logo, dende [[1910]] e até [[1941]], a selección xogou cunha camiseta branca xunto a pantalón e medias azuis. Aínda que en [[1929]] utilizouse unha inusual indumentaria (camiseta a franxas intercaladas vermellas, brancas e azuis, pantalón azul e medias azuis), este uniforme foi o utilizado na [[Copa Mundial de Fútbol de 1930]] disputado en [[Uruguai]].
 
Para o [[Copa América|Campionato Sudamericano]] de [[1942]] realizado nese mesmo país, a selección cambia de indumentaria, establecendo a camiseta vermella xunto a pantalón branco e medias azuis. En [[1947]] estableceríase finalmente o actual uniforme durante o [[Copa América|Campionato Sudamericano]] disputado en [[Guayaquil]]. Ao longo dos anos, a camiseta sufriu algunhas modificacións de menor escala, como as 3 franxas de [[Adidas]] sobre o ombreiro dereito e a parte inferior esquerda do short entre [[1993]] e [[1994]], ou o logo de Reebok sobre a camiseta entre [[1996]] a [[1997]], que logo foi modificado a dúas franxas brancas en [[1998]], até o termo do vínculo en en ano [[2000]]. No devandito ano a indumentaria correu por conta de Umbro, que variou o ton da camiseta dun vermello brillante a un vermello granate, volvendo á súa cor tradicional a fins de [[2006]] con Brooks xa a cargo do unformeuniforme desde [[2003]]. O deseño actual da camiseta corre por conta da empresa Brooks, vínculo que finalizou logo do [[Copa Mundial de Fútbol de 2010|Mundial de Sudáfrica 2010]].
 
=== Evolución ===