Bianca e Fernando: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Piquito (conversa | contribucións)
traio argumento de it.wiki
Liña 137:
|-
|}
 
== Argumento ==
A acción ten lugar en [[Agrixento - Agrigento|Agrixento]], entre os [[século XIV|séculos XIV]] e [[Século XV|XV]].
 
=== Antecedentes ===
O ambicioso Filippo encerrou no cárcere a Carlo, duque de Agrixento, para usurpar o trono. Fernando, fillo de Carlo, foi levado posteriormente ao desterro sendo un neno, metres que Bianca, a súa filla, viúva do duque de [[Messina]] e nai do pequeno Enrico, ignorando a trama de Filippo accedeu a converterse na súa esposa. Fernando, agora adulto, regresa á súa patria co propósito de vingar ao seu pai, a quen cría morto.
 
=== Acto I ===
Baixo o nome falso de Adolfo, soldado de fortuna, Fernando preséntase na corte de Agrixento e ofrece os seus servizos ao novo duque. Adolfo fai saber a Viscardo, secuaz de Filippo, que viu morrer a Fernando. Filippo recibe a noticia con ledicia e contrata a Adolfo sen pensalo, meditando encargarlle a tarefa de que mate a Carlo.
 
Bianca preséntase na corte para encontrarse co seu futuro esposo. Alí coñece a Fernando, mais logo de tantos anos non o recoñece. De feito sospeita del. Fernando, pola súa parte, está convencido de que a súa irmá é cómplice do usurpador.
 
=== Acto II ===
Filippo ordena ao falso Adolfo que acuda á prisión para matar a Carlo, anunciandolle tamén a inminente voda con Bianca. O vello confidente Clemente informa a Fernando de que Bianca desexa velo. Finalmente os irmáns se encontran cara a cara. Cando se recoñecen, Fernando revela a Bianca a trama de Filippo. Os dous se dirixen ao cárcere para liberar a Carlo, seguidos polo compañeiro de armas de Fernando, cando aparece Filippo co pequeno Enrico, ameazando con matalo se Fernando non se rende. Sen embargo Clemente o desarma e o tirano é derrocado finalmente.
 
== Arias célebres ==