Santoral: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Elimino: uk:Церковний календар (deleted)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Ourense San Martiño.jpg|miniatura|250px|San Martiño, patrón de Ourense]]
O '''santoral''' é a listaxe dos santos admitidos por unha confesión [[relixión|relixiosa]], principalmente falando das [[cristianismo|cristiás]], extensible tamén ó [[calendario]] [[liturxia|litúrxico]] no que se indica a data na que se celebra a festividade en honor dun [[santo]] ou outra figura relixiosa. O calendario actualmente usado pola [[Igrexa Católica romanaRomana|Igrexa Católica]] é unha versión modificada do costume [[paleocristianismo|paleocristián]] de conmemorar a morte dos [[mártir]]es no seu aniversario. Coa continua [[canonización]] de crentes ó longo dos séculos, tódolos días do ano se conmemora polo menos a algún santo. Isto faise non só coa morte dos mártires: hoxe en día tamén se lembra a data da morte natural dos santos (os antigamente chamados ''[[confesor]]es'', en contraposición ós ''testemuños'' ou ''μαρτυρες—''), que tamén son incluídos no calendario xunto con festividades coma a [[Pascua cristiá|Pascua]], o [[Pentecoste]] ou a [[Epifanía]], relacionadas con eventos da vida de [[Xesús]] e a historia eclesiástica.
 
Na época medieval era costume indicar as datas dos eventos en relación ó calendario eclesiástico, datándoos ó estilo de "terceiro día de Advento" ou "[[noite de San Xoán]]". Do mesmo xeito, o nome de pía dos infantes adoitaba ser o da festividade que se celebrase no día dos seu nacemento ou [[bautismo]]. Aínda que menos frecuente na actualidade, nalgúns países de tradición católica ou [[Igrexa ortodoxa|ortodoxa]], consérvase o costume de saudar e felicitar ás persoas polo día do seu santo ou [[onomástica]].