Mobutu Sese Seko: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JYBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: vi:Mobutu Sese Seko
Elisardojm (conversa | contribucións)
depois>despois
Liña 4:
Mobutu naceu como '''Joseph-Désiré Mobutu''' o [[14 de outubro]] de 1930 nunha pequena aldea da selva no entón [[Congo Belga]], o seu pai morreu cando el tiña oito anos e van ser o seu avó e un tío quen coiden del, estuda nunha misión católica pero expúlsano pola súa conduta violenta, mesmo pasa seis meses na cadea ata que como castigo entra en [[1949]] no exército colonial por un período de sete anos, chega a sarxento maior, o máximo posto que ao que podía obter un negro, deixouno en [[1956]] e traballou como xornalista e editor e viaxa pola primeira vez a [[Europa]], a un congreso en [[Bruxelas]], onde permanece un tempo e alí en [[1958]] uniuse ao nacionalista [[Movemento Nacional Congolés]] (MNC). Ao obter o Congo a independencia o [[30 de xuño]] de [[1960]] o novo goberno nomeouno secretario e estado de defensa, pero o goberno era inestable polas rivalidades entre o primeiro ministro [[Patrice Lumumba]] e o presidente [[Joseph Kasavubu]]. O [[14 de setembro]] de [[1960]] un golpe de estado retirou a Lumumba do poder e el como xefe de estado maior é o encargado de arrestalo, ao que seguíu o seu asasinato pouco despois e o país entra nun período de caos.
 
En [[1965]], o xa tenente xeneral, depoisdespois de reorganizar o exército, dá un golpe de estado contra o presidente Kasavubu e o primeiro ministro [[Moise Tshombe]]. Mobutu declarouse presidente por cinco anos, instala un réxime autoritario de partido único, [[Movemento Popular da Revolución]] cun forte culto á súa personalidade, e mantén boas relacións con [[Europa]] e os [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] cunha política anticomunista na política internacional. En [[1967]] fai fronte a unha tentativa de golpe e foi elixido presidente de novo en 1970. Emprendeu unha campaña de africanización e en outubro de [[1971]] renomeou ao país República do Zaire e cambiou o seu propio nome en 1972.<br />
Nun primeiro momento nacionalizou as compañías estranxeiras e obrigou os cadros europeos a deixar o país, pero en [[1977]] viuse obrigado a readmitilos de novo, ao tempo que solicitaba a axuda [[Bélxica|belga]] para facer fronte a un ataque a [[Katanga]] por rebeldes catangueños con base en [[Angola]]. Foi relixido de novo en 1977, sen oposición. En 1984 estimábase a súa fortuna persoal en 4.000 millóns de dólares, nun país onde a corrupción estaba organizada e a estrutura económica desaparecía.