Catarina de Aragón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-depois +despois)
Elisardojm (conversa | contribucións)
depois>despois
Liña 5:
O casamento ocorreu apenas a [[11 de xuño]] de [[1509]] despois da ascensión ao trono de Henrique VIII. Catarina era extremamente popular para o povo, tanto como Raíña, tanto como Princesa de Gales. En 1513 chegou mesmo a servir como rexente da coroa durante unha ausencia de Henrique VIII a Francia. Catarina deu a luz un rapaz, Henrique, que morreu pouco tempo despois. O seu último parto en [[1516]] resultou nunha filla, a futura [[María I de Inglaterra]].
 
DepoisDespois de María, Catarina non voltou a concebir, o que deixou a Henrique preocupado coa sucesión. A [[Guerra das dúas rosas|guerra das rosas]] como consecuencia de inestabilidade dinástica estaba ainda ben presente na memoria colectiva. Particularmente preocupante para Henrique, un estudoso de cuestións teolóxicas, era a afirmación contida no [[Levítico]] de que se un home casa coa muller do irmán, o casamento será estéril. Convencido de que Catarina tería mentido en canto á consumación do casamento con Artur, Henrique VIII comezou a procurar a anulación do casamento en [[1527]]. Ao mesmo tempo, arrancara de [[Ana Bolena]] a promesa de que ela sería a súa amante e futura muller.
 
No [[Vaticano]] a toma de decisión durou sete anos. As xestións de [[Thomas Wolsey]] non foran ben suficientes. O papa [[Clemente VII, papa|Clemente VII]] non parecía disposto a conceder a anulación por dúas razóns: primeiro esta sempre foi a doutrina da Igrexa e o comportamento do Papado e despois podería tamén ser visto como unha admisión de erro da Igrexa que concedera validamente, segundo as regras canónicas, a dispensa, segundo porque Clemente era unha marioneta política nas mans do Emperador Carlos V, sobriño de Catarina, a quen non conviña a fin da unión. Canso de esperar, Henrique separouse de Catarina en 1531 e en [[23 de maio]] de [[1533]], o Arcebispo da Cantuaria Thomas Cranmer anulou a unión sen aprobación do Vaticano. A implantación do [[Acto de Supremacia]] e a separación da [[Igrexa Anglicana]] da Igrexa de Roma, consumou a anulación.