Xoán Primicerius: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
depois>despois
Elisardojm (conversa | contribucións)
depois>despois
Liña 1:
{{fusiónfusióndesde|Xoán Primicerius(emperador)}}
'''Xoán''' ou '''Ioannes''' foi un usurpador romano, tras a morte de [[Flavio Honorio|Honorio]], e que tomou o trono que lle correspondía a [[Valentiniano III]]. Foi emperador entre os anos [[423]] ao [[425]].
 
[[Imaxe:Solidus Johannes-s4283.jpg|miniatura|300px|[[Sólido (moeda)|Sólido]] de Xoán Primicerius]]
== Traxectoria ==
Honorio morre en Ravena en agosto do [[423]] de [[hidropisía]], e o herdeiro do Imperio de Occidente era [[Teodosio II]], emperador da parte oriental do Imperio. Pero a nova da morte, cando chega a [[Constantinopla]], no se fai publica e este baleiro de poder é aproveitado por Xoannes ou '''Xoán''' para se proclamar emperador.
 
'''Xoán Primicerius''' (morto en Aquileia, 425) ocupou o trono do [[Imperio Romano de Occidente]] (423-425), recoñecido polo [[senado]] de Roma, pero non polo [[Imperio Romano de Oriente]].
Foi nomeado por [[Castino]], o ''magister militum'' de Honorio, e '''Xoán''' era até entón o ''primicenius notariorum'', isto é, o notario maior. Tamén foi apoiado por Aetium ou [[Aecio]], fillo do que fora ''magister militum'' [[Gaudentius]].
 
==Morte de Honorio e ascenso de Xoán==
Despois da súa aclamación en Roma, '''Xoán''' leva a corte a Ravena, onde recibe o recoñecemento da [[Galia]], [[Hispania]] e [[Italia]], pero non así de [[África]], onde o ''comes'' [[Bonifacio]], quen controlaba aquelas provincias, retén o gran con destino a Italia.
 
Cando [[Flavio Honorio|Honorio]] morre de [[hidropisía]] o 15 de agosto de 423 as relacións entre as dúas partes do imperio atópanse nun momento delicado. Tan pronto como a corte oriental se entera da morte de Honorio, forzas orientais ocupan Salona, na Dalmatia, prefectura de Italia. Este feito, unido á anterior negativa oriental a recoñer ao falecido [[Constancio III]] oficialmente coma ''augustus'', reforzaría as sospeitas occidentais de que a corte oriental pretendía dende tempo atrás que [[Teodosio II]] sexa o único soberano para todo o orbe romano.
Pero o mais grande problema de '''Xoán''' era o recoñecemento por parte de [[Teodosio II]]. A nai de [[Valentiniano III]], [[Gala Placidia]], atopábase en [[Constantinopla]] xunto co seu fillo para presionar o emperador oriental Teodosio II, para que nomease o seu fillo como emperador, xa que era o único descendente vivo do finado [[Flavio Honorio|Honorio]]. Pero namentres trataba este recoñecemento, Teodosio nomea a Valentiniano coma ''César'' e despois como ''Coaugustus'', o que lle indicou a '''Xoán''' que a guerra era inevitábel. A finais do [[424]], envía a Aecio para negociar unha axuda militar cos [[hunos]].
 
Unha sucesión continuadora dentro da Casa de Teodosio tería sido o fillo de Constancio e [[Gala Placidia]], irmá de Honorio, Flavio Plácido Valentiniano ([[Valentiniano III]]), que só tiña seis anos de idade. Non obstante, as relacións entre os irmáns non foran doadas logo da morte de Constancio e chegaran a un punto en que tiveran que fuxir en 422 e refuxiarse en Constantinopla, sendo desterrados.
Pero no [[425]], e mentres [[Aecio]] estaba na súa misión, un exército imperial abandona [[Tesalonica]] baixo o mando de [[Ardabur]] coa misión de entroncar a Valentiniano III como emperador do Oeste. Pronto se fan con [[Aquileia]], onde fan o seu campamento base para as operacións militares que estaban por vir. Ningunha delas foi definitiva, pero Ardabur foi feito prisioneiro e levado a Ravena. Pero tratárono ben, esperando Xoán deste xeito trocar a vontade do emperador Teodosio II.
 
Polo tanto, os oficiais occidentais, co ''magister militum'' [[Castino]] á cabeza e a figura de [[Aecio]], que comezaba a despuntar, propoñen ao ''primicerius notariorum'' (o funcionario civil de máis alto rango) Xoán para ostentar a púrpura, pretendendo adiantarse ás intencións orientais.
Pero neste cativerio, Ardabur convence os oficiais de se pasar ao bando imperial, e entregan Ravena e a '''Xoán''', quen é levado a Aquileia, onde primeiro foi mutilado e despois executado. Mentres tanto, Aecio viña con unha forza dos hunos, pero ao atoparse coa morte de Xoán, licénciaos pagándolles en ouro e recoñece a Valentiniano III como ''augustus'', sendo el nomeado ''comes'' do Imperio.
 
De Xoán existen poucos datos previos, salvo catro moi importantes: era pagán, quizás fora a mesma persoa que en 408 recibira o encargo de negociar con [[Alarico I|Alarico ]] para tentar evitar o saqueo de Roma, foi ''magister officiorum'' baixo o usurpador [[Prisco Atalo]] en 409; en 412-413 foi prefecto do pretorio de Italia.
 
Seguramente na elección dun personaxe escuro influirían dous factores. Primeiro, a opinión claramente negativa que se tiña sobre os anos de Honorio, favorecendo nalgúns sectores a opción dun cambio de rumbo. Segundo, o coñecemento persoal que por razón do seu cargo Xoán debía ter do aparato administrativo estatal; seguramente tiña participado activamente na última revisión da ''Notitia Dignitatum'' para a ''pars occidentis'' que se sitúa en torno a esta data.
 
A burocracia civil, inda que é dubidoso que contara con influencia abondo para impor un candidato propio, ve recoñecida a súa importancia e intereses, máis inda tendo en conta que deixar baleiro o trono occidental deixaría sen sentido a súa existencia coma ente autónomo xa que as decisións e burocracia correrían a cargo unicamente das autoridades civís e militares de oriente.
 
A ''Chronica'' de [[Próspero de Tiro]] explica así a situación: ''“Honorius moritur et imperium eius Iohannes occupat conivente, ut putabatur, Castino, qui exercitui magister militum praeerat.”'' É dicir, Castino non aparece como a forza decisoria, senón que simplemente deixaría facer e aceptaría feitos consumados.
 
O 23 de novembro de 423 o senado de Roma declara a Xoán oficialmente ''augustus'' da ''pars occidentis'' tomando coma escusa a necesidade de que un novo emperador determinase medidas efectivas contra o bloqueo ao abastecemento de trigo africano e outros bens necesarios para a cidade e Italia por parte de [[Bonifacio]], que así pretendía debilitar a influencia de Castino, sucesor de Constancio ao fronte dos exércitos occidentais. En decembro Xoán asume a púrpura e trasládase a [[Ravenna]].
 
==As dificultades de goberno==
 
[[Procopio]] (''Bellum Vandalicum'', I 3, 6–7) alaba a súa humildade, intelixencia e capacidades persoais. Ao contrario dos membros da Casa de Teodosio pretendía promover unha política de tolerancia relixiosa. Pero a situación que herdaba era moi conflitiva e, malia contar co apoio de Castino, nomeado cónsul para ese ano, outras zonas en occidente rexeitan a súa autoridade, nun proceso de secesión e disgregación que xa tivera momento álxidos durante o goberno de Honorio. En Arelate (Arlés) [[Exuperantius]], o prefecto do pretorio da Gallia, resulta linchado polas súas tropas, en desacordo coas lealdades do seu comandante. En Cartago, Bonifacio mantén a súa rebeldía ante as decisións de Ravenna, feito que obriga a enviar tropas contra el.
 
En 424 Xoán envía embaixadores a Constantinopla para oficializar a posición occidental pero son mal recibidos, sendo encarcerados algúns e outros desterrados a diversas zonas da Propontis.
 
Ao mesmo tempo envía a Aecio, figura ascendente, en calidade de ''cura palatii'' a negociar cos hunos axuda como auxiliares militares, entre os que vivira coma refén e cos que mantiña contactos, un eventual apoio para Xoán.
 
==Caída e morte==
 
Mentres tanto, Teodosio II, e [[Pulcheria]], semellan abandonar o seus presumibles desexos de ser o único augustus e é agora cando recoñece tal título postumamente a Constancio III e tamén a Galla Placidia; concede o título de caesar ao fillo de ambos, Valentiniano III, inda un neno e envíaos de Tesalónica cara Salona cun forte continxente militar ao mando de [[Ardabur]] e o seu fillo [[Flavio Ardabur Aspar|Aspar]]. Na comitiva tamén estaba [[Candidiano]], que presumiblemente acompañara a Galla Placidia e Valentiniano no súa fuxida previa cara Constantinopla.
 
Dende Salona as forzas imperiais divídense: un continxente embarca a infantería nunha flota con Ardabur á cabeza e Aspar manda a cabalería por terra percorrendo a ruta de Sirmium e atravesando os Alpes Xulianos chegan ao Adriático, onde se fan coa importante cidade de Aquileia, onde esperan acontecementos.
 
Mentres tanto, a flota de Ardabur é presa das tormentas e desmembrada. Este, contando con só dúas trirremes, é capturado e conducido a Ravenna. Con isto a posición de Xoán, inda sen ter chegado os reforzos hunos, parece en vías de consolidarse, pero non se decide a asestar o golpe definitivo ás forzas orientais en Aquileia e decide esperar a chegada de Aecio. Mentres tanto, Ardabur consegue dende a prisión adhesións dalgúns elementos militares occidentais, que xunto coa presión combinada dende o exterior de Aspar, conseguen derrotar a Xoán e capturar Ravenna.
 
Ao parecer un pastor orientara a Aspar a través do labirinto de marismas que protexía Ravenna. Algúns parece que interpretaron que o pastor era realmente un anxo enviado por Deus.
 
Xoán, derrotado, é conducido a Aquileia, onde no verán de 425 (xuño ou xullo) Galla Placidia ordena a súa execución, chea de simbolismos. Ao parecer foi conducido ao hipódromo da cidade, repleto de xente, logo de amputarlle a man dereita, e a cabalo dun burro, con vestimentas femininas, foi exposto aos insultos e aldraxes da multitude para ser finalmente decapitado.
 
Tres días máis tarde chegaría ás inmediacións de Aquileia Aecio ao fronte do continxente huno de 6.000 (ou 60.000 segundo outros) que debía reforzar a situación de Xoán. Probablemente se produciron choques entre os dous continxentes que non inclinaron a balanza cara ningunha das dúas partes, co cal Galla Placidia optou por pactar a reconciliación con Aecio e pagou para que o continxente huno se retirara aos seus asentamentos sen producir máis derramamento de sangue e mingua nas forzas militares oficiais.
 
Castino, debido ao seu apoio a Xoán, foi defenestrado e exiliado, pero curiosamente non foi axustizado, síntoma da fortaleza dos seus apoios e do precario xogo de equilibrios políticos.
 
==Valoración histórica e consecuencias do período==
 
As fontes clásicas que sobreviven sobre o período, maioritariamente oficialistas, e por tanto partidarias da Casa de Teodosio, verten sobre Xoán todo tipo de xuízos negativos, pero seguramente foi un intento máis de deter e reverter a dinámica negativa na que se atopaba a pars occidentis, e que desembocaría na súa disolución a finais do século V e principios do VI.
 
O reinado de Xoán, coma antes os de [[Euxenio]] e Prisco Atalo representarían os primeiros casos dunha longa nómina de emperadores marionetas que caracterizaron o final do Imperio de Occidente.
 
Este período tamén anticipa a loita polo poder que sosterán durante longo tempo Aecio e Bonifacio, e que implicará a todas as dioceses da pars occidentis, debilitando os seus recursos inda máis.
 
Dificulta bastante o coñecemento máis detallado deste período que tanto o reinado, ou usurpación, segundo cal sexa a fonte, coma os seus protagonistas principais, Castino e Xoán, teñen pouco reflexo nas fontes escritas.
 
==Bibliografía.==
 
*Bury, JB. ''History of the Later Roman Empire from Arcadius to Irene'' (vol. 1); pp. 156-9.
*Halsall, Guy. ''Barbarian Migrations and the Roman West: 375-568'' Cambridge University Press, 2007; pp. 236-237.
*Philostorgius, Philip R. Amidon (tradutor e editor). ''Church History'' Atlanta: Society of Biblical Literature, 2007; p. 162.
*Seibel, Sandra. ''Typologische Untersuchungen zu den Usurpationen der Spätantike'', Essen: Universität Duisburg-Essen, 2004; pp. 112-116.
 
{{Gobernante|
ESPAZO_POLITICO=[[Imperio Romano]]|
DINASTIA=[[Imperio doRomano de Occidente]]|
ANTES=[[Flavio Honorio|Honorio]]|
DESPOIS=[[Valentiniano III]]|
DATA_ENTRADA=[[423]]|
 
DATA_SAIDA=[[425]]|
}}
 
[[categoría:emperadores romanos]]
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* Hugh Elton, [http://www.roman-emperors.org/westemp5.htm#Note%609 "Ioannes"], del ''De Imperatoribus Romanis". {{en}}
 
[[Categoría:Emperadores romanos]]
 
[[bg:Йоан (римски император)]]
[[da:Johannes (kejser)]]
[[de:Johannes (Kaiser)]]
[[en:Joannes]]
[[es:Juan (emperador)]]
[[fa:یوآنس]]
[[fi:Johannes (usurpaattori)]]
[[fr:Jean (usurpateur)]]
Liña 42 ⟶ 87:
[[it:Giovanni Primicerio]]
[[la:Ioannes (imperator)]]
[[lt:Joanas]]
[[mk:Јован (римски император)]]
[[nl:Johannes (keizer)]]
[[pl:Jan (cesarz rzymski)]]
[[ro:Ioannes]]
[[ru:Иоанн (римский император)]]
[[sh:Ivan, rimski car]]
[[sr:Јован (узурпатор)]]
[[tl:Joannes]]
[[tr:Joannes]]
[[uk:Іоанн (римський імператор)]]
[[vi:Joannes]]
[[yo:Joannes]]