Cantil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RedBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Modifico: eu:Labar
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Xeografía en progreso}}
 
[[Ficheiro:Os cantís máis altos de Europa. Teixido, Galicia.jpg|miniatura|Os cantís máis altos de Europa. [[Teixido, Cedeira|Santo André de Teixido]]]]
[[Ficheiro:Lightmatter cliffs of moher in County Clare Ireland.jpg|thumb|[[Cantís de Moher]], [[Irlanda]].]]
Un '''cantil''' ou '''acantilado''' é un lugar escarpado, de gran pendente e preto do [[mar]], sobre o que fai balconada. En [[Galicia]] hai varios ben coñecidos, algúns entre os máis altos de Europa, como os de [[Fisterra]] na [[Costa da Morte]], o da ermida de [[Santo André de Teixido]] ou a [[Praia das Catedrais]]. No [[Brasil]] destacan os da cidade de Torres, no [[Río Grande do Sur]].
[[Ficheiro:Acantilados-los-gigantes.JPG|thumb|''[[Acantilado de los Gigantes]]'', [[Tenerife]] ([[España]]).]]
[[Ficheiro:TalusConesIsfjorden.jpg|thumb|[[Isfjorden]], [[Svalbard]].]]
 
Un '''cantil''' ou '''acantilado''' é un accidente xeográfico que consiste nun lugar escarpado, de gran pendente vertical normalmente preto do [[mar]], sobre o que forma un beiril ou balconada. Tamén poden considerarse cantís os que existen nas [[montaña]]s, [[falla]]s e beiras dos [[río]]s ('''cárcavas''' ou '''cavorcos''').
 
Os cantís acostuman estar formados de rochas resistentes á [[erosión]] e ao desgaste pola acción da[[atmosfera]], xeralmente [[Rocha sedimentaria|rochas sedimentarias]] coma [[limonita]]a, [[arenita]]a, [[calcaria]]a ou [[dolomía]]a, malia aparecer tamén [[rocha magmática|rochas magmáticas]] coma [[basalto]]s ou [[granito]]s, coma no caso das formacións galegas.
 
Unha '''[[escarpa]]''' é un caso particular de cantil, formada polo movemento dunha [[falla]] [[tectónica]] ou un derrbamento. A meirande parte dos cantís rematan a xeito de pendente no seu baseamento; en áreas áridas ou baixo grandes cantís, o [[noiro]] é polo xeral un amoreamento de rochas desprendidas, mentres que nas áreas de maior humidade, as rochas do talude fican cubertas por unha camada de terra compactada pola humidade, formando un [[solo]].
 
Moitos cantís presentan tamén [[fervenza]]s e [[Cova|espenuca]]s ou furnas escavadas no baseamento. Ás veces os cantís morren ao final dunha [[crista]], creando estruturas pétreas senlleiras.
 
==Exemplos==
===Galicia===
En [[Galicia]] hai varios ben coñecidos, como os de [[Fisterra]], e en xeral na [[Costa da Morte]], os da [[Praia das Catedrais]], ou os da [[comarca do Ortegal]] ([[Costa Ártabra]]), onde salientan os de [[Vixía de Herbeira|Herbeira]], preto de [[Santo André de Teixido]], en [[Cedeira]], con 613 m sobre o nivel do mar, sendo os máis altos da Europa continental.
 
===Estranxeiro===
Entre os cantís costeiros máis altos do mundo áchanse o [[Thumbnail]] (ao sur de [[Grenlandia]], con preto de 1500 [[msnm|metros sobre o mar]]), o ''Risco de Faneque'' na illa de [[Gran Canaria]] ([[Illas Canarias]]) con 1027 m ou un situado en [[Kaulapapa]] ([[Hawai]], con 1010 metros). No [[Brasil]] salientan os da cidade de Torres, no [[Río Grande do Sur]].
 
Entre os cantís interiores máis grandes do mundo atópanse a cara Rupal do [[Nanga Parbat]], no [[Paquistán]], con 4600 metros sobre o baseamento, a parede oriental das [[Torres do Trango]] (no cordal do [[Karakorum]], [[Paquistán]], con 1340 [[metro|m]] de altura de parede case vertical) e o [[monte Thor]] ([[Illa de Baffin]], no [[Canadá]], con 1250 metros de parede vertical con zonas extrachumbadas.
 
== Véxase también ==
*[[Escarpa]]
*[[Cabo (xeografía)]]
*[[Baía]]
 
== Véxase tamén ==