Giovanni Battista Tiepolo: Diferenzas entre revisións

pintor italiano
Contido eliminado Contido engadido
Mix (conversa | contribucións)
Nova páxina: '''Giovanni Battista Tiepolo''', tamén coñecido como '''Gianbattista''' ou '''Giambattista Tiepolo''' (5 de marzo, 1696 - 27 de marzo, 1770) foi un pintor veneciano, ...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 12 de decembro de 2006 ás 17:53

Giovanni Battista Tiepolo, tamén coñecido como Gianbattista ou Giambattista Tiepolo (5 de marzo, 1696 - 27 de marzo, 1770) foi un pintor veneciano, considerado o último dos pintores manieristas.

O triunfo de Flora

A súa obra fundamentalmente está composta de ciclos de frescos con temas alegóricos, históricos e mitolóxicos, ademais dun bo número de lenzos de carácter relixioso. O seu estilo é grandioso, sofisticado e hiperbólico, as súas escenas evocan unha dimensión terrea esaxerada ata o infinito e ficticia, cromaticamente marcada por unha paleta de cores frías e irreais, creada usando un tono prateado que se reflicte nos obxectos e nas figuras, perdendo toda consistencia plástica.