Paul McCartney: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Nados en 1942 mediante HotCat
m →‎Traxectoria: arranxiño
Liña 5:
Comezou a súa carreira no mundo da música en [[1957]] cando se incorporou ao grupo The Quarry Men, liderado por [[John Lennon]] e que posteriormente pasaría a chamarse [[The Beatles]]. Xunto ao seu amigo Lennon, formou unha das máis exitosas parellas de compositores. Tras a disolución dos Beatles, McCartney continuou a súa andaina no mundo da música fundando o grupo [[Wings]], xunto á súa muller Linda e o guitarrista Denny Laine, e posteriormente cunha igualmente exitosa carreira como solista.
 
Estímase que os Beatles venderon uns 600 millóns de copias dos seus álbums, encabezando as listas de músicos con maiores ventasvendas, e McCartney en solitario uns 100 millóns, aproximadamente.
 
Xuntos cos seus compañeiros Beatles é Membro do Imperio Británico desde 1965, e desde 1997, xa en solitario, Sir. Os Beatles foron incluídos no Salón da Fama do Rock en 1988, Paul McCartney en 1999. En toda a súa traxectoria conta con numerosos premios, entre eles, 17 [[Grammy]]s. "''[[Yesterday]]''" (unha composición Lennon/McCartney) é considerada a canción máis versionada da historia, cunhas 3.700 versións, e o seu tema con Wings, "''[[Mull Of Kyntrae]]''" é o sinxelo non benéfico máis vendido da historia{{cómpre referencia}}, con máis de 2.000.000 de copias. No ano 2010 confirmouse que McCartney contaría tamén coa súa estrela do Paseo da Fama.