Diferenzas entre revisións de «Arthur Wellesley, duque de Wellington»

{{ORDENAR:Wellesley, Arthur}}; arranxiños
(corrixo)
({{ORDENAR:Wellesley, Arthur}}; arranxiños)
[[Ficheiro:Francisco de Goya y Lucientes 073.jpg|dereita|250 px|miniatura|Arthur Wellesley por [[Francisco de Goya]] (1812).]]
 
'''Arthur Wellesley''', 1º '''Duque de Wellington''', nado en [[Irlanda]] o [[1 de maio]] de [[1769]] e falecidofinado no [[castelo de Walmer]], en [[Kent]] ([[Inglaterra]]), o [[14 de setembro]] de [[1852]],) foi un militar do exército británico e mais un estadista. Está considerado unha das figuras militares e políticas máis prominentes da primeira metade do [[século XIX]]. Xogou un salientábel papel durante as [[guerras napoleónicas]], chegando a atinxir o grao de [[mariscal de campo]]. A súa fama provén en boa medida de ser o home que derrotou a [[Napoleón]] enna [[Batalla de Waterloo|Waterloo]] en [[1815]].
 
Wellington é comparado con frecuencia co [[John Churchill, Duque de Marlborough|duque de Marlborough]], con quen comparte numerosos riscos, especialmente o paso á política despois dunha exitosa carreira militar. Wellington foi por dúas veces primeiro ministro cos [[tory|conservadores]], e ademais exerceu como figura destacábel na [[Cámara dos Lores]] até o seu retiro en [[1846]].
 
== Orixes Traxectoria==
Arthur Wellesley era o terceiro fillo de Garret Wesley, 1º conde de Mornington. Cóidase que naceu, ben en [[Dublín]], ben nas posesión familiares do condado de [[Meath]], [[Irlanda]], daquela posesión británica. A data do seu nacemento non se coñece con certeza: aínda que el celebraba o 1 de maio, corresponde ao rexistro parroquial, e o normal era bautizar varios días despois do natalicio. O seu nome orixinal, Arthur Wesley foi cambiado legalmente en marzo de [[1798]].
 
En 1806, Wellesley é elixido parlamentario por [[Rye]] ([[Sussex]]) por seis meses na [[Cámara dos Comúns]] do Reino Unido. No ano seguinte, é elixido por [[Newport]] ([[Illa de Wight]]), que representará durante dous anos. Durante este período, está afiliado aos ''[[Partido Conservador do Reino Unido|tories]]''. En abril de [[1807]], é designado para o «consello privado do rei», mais a súa carreira política veuse interrompida ao ser destinado ao continente para loitar nas guerras napoleónicas.
 
== =Guerra contra Napoleón ===
Wellesley servíuserviu na desgraciada expedición conxunta anglo-rusa ao Norte de [[Alemaña]] en [[1805]]. Despois da [[batalla de Austerlitz]], retornaron sen cumprir os abxectivosobxectivos. A actuación como comandante suplente nunha expedición a [[Dinamarca]], en [[1807]], valeulle o ascenso a tenente xeneral.
 
No ano seguinte, Wellesley estaba a prepararse para comandar unha expedición a [[Venezuela]], cando se iniciou a revolta ibérica contra os franceses, comezando a [[Guerra Peninsular]]. Wellesley foi enviado a [[Portugal]], onde derrotou ás tropas napoleónicas nas batallas de [[Batalla de Roliça|Roliça]] e de [[Batalla do Vimeiro|Vimeiro]] no mesmo ano. Desafortunadamente, foi relevado do mando pouco despois do último choque, pois o xeneral Dalrymple insistiu en implicalo no controvertido acordo da [[Convención de Sintra]], que estipulara que a armada británica debía transportar as tropas francesas ao seu país, desde o porto de [[Lisboa]], xunto coa súa impedimenta. Wellesley foi chamado a [[Gran Bretaña]] para comparecer perante un tribunal de investigación. Ficou aclarado que el asinara un primeiro armisticio, mais que non asinara a Convención.
Aínda que a guerra non era moi favorábel, era o único sitio onde os británicos e os seus máis antigos aliados, os portugueses, eran capaces de plantarlle cara aos franceses e os seus coligados. Wellesley enviou un memorial a [[lord Castlereagh]] acerca da defensa de Portugal, subliñando o valor das súas fronteiras montañosas e defendendo o papel de Lisboa como base principal, xa que a armada británica podería convertela en inexpugnábel. Castlereagh e o seu goberno aprobaron o documento, nomeándoo xefe de todas as forzas británicas en Portugal, cuxo número acrecentaron de 10.000 a 26.000 homes.
 
Rapidamente reforzado, Wellesley iniciou a ofensiva en abril de 1809. Primeiro atravesou o [[río Douro|Douro]] cun brillante "golpe de man" ([[Segunda batalla de Porto]]), derrotando as tropas francesas acantonadas na [[Porto, Portugal|cidade]], e uníndose ás tropas españolas mandadas polo xeneral [[Gregorio García de la Cuesta|De la Cuesta]]. Ambos buscaron a [[Claude Victor-Perrin, duque de Belluno|Marechal Victor]], pero o irmán de Napoleón, o rei [[Xosé I Bonaparte|Xosé]], reforzou o exército de Victor, que atacou primeiro, porén as tropas anglo-hispanas venceron na [[batalla de Talavera]]. Esta vitoria conlevouimplicou o ennobrecemento de Wellesley como "vizconde Wellington de Talavera e de [[Wellington, Somerset|Wellington]]". Como o [[Nicolas Jean de Dieu Soult|Marechal Soult]] tentase reaccionar, os británicos víronse compelidos a retirarse para Portugal. Privado dos subministros que lle prometeran os españois e non contando cos movementos de Soult, Wellington non puido xa crer nas promesas españolas.
 
En 1810, un novo grande exército francés so mando do mariscal [[André Masséna]] invadiu Portugal. A opinión británica, tanto na illa como no exército, era unanimemente pesimista: deberían evacuar Portugal. Mais Wellington primeiro atrasou os franceses en [[Batalla de Buçaco|Buçaco]], e logo bloqueounos na península de Lisboa coas súas magníficas defensas, as [[liñas de Torres Vedras]], que foran brillantemente amañadas en segredo total, en tanto os flancos estaban resgardados pola armada británica. Unhas trabucadas e famentas tropas invasoras francesas retiráronse logo de seis meses. Wellington perseguiunas e, en varias escaramuzas, botounas de Portugal, salvo unha pequena gornición de [[Almeida]], que foi asediada.
Faleceu en [[Walmer Castle]] o [[14 de setembro]] de [[1852]]. O seu corpo foi trasladado por ferrocarril a Londres, onde se celebrou un funeral de estado, cerimonia que só se ten rendido a uns poucos británicos (entre eles [[Horacio Nelson|Nelson]] e [[Winston Churchill|Churchill]]) e foi inhumado na [[catedral de San Paulo de Londres]].
 
==Véxase tamén==
== =Ligazóns externas ===
* [http://www.galespa.com.ar/martiresdaliberdade.htm El cuarto ejército de gallegos: proclama de Wellington]
 
{{ORDENAR:Wellesley, Arthur}}
[[Categoría:Militares do Reino Unido|Wellington]]
 
[[Categoría:Guerra da Independencia española|Wellesley, Arthur]]
[[Categoría:PersonalidadesMilitares dado masonaría|Wellesley,Reino ArthurUnido]]
[[Categoría:Guerra da Independencia española|Wellesley, Arthur]]
[[Categoría:Personalidades da masonaría]]
 
[[ar:آرثر ويلزلي]]