Francisco Espoz y Mina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
sobretodo>sobre todo
Liña 44:
Mina voltou de contado a [[Navarra]], onde xunto a xentes que se lle axuntaron, formou un grupo guerrilleiro, co cal marchou sobre Pamplona, que lle abriu as portas. Cando a Constitución foi xurada por Fernando VII en Madrid, este nomeou a Mina [[Capitán xeneral]] de Navarra, máis pedíu o traslado para [[Galiza]], que obtivo, onde tomou prevencións contra as bandas armadas pro-absolutistas que se estaban a formar. Nese tempo casou coa coruñesa [[Juana de Vega]]. Logo pasou a [[León, España|León]], onde ingresou como simple soldado entre os voluntarios da [[milicia nacional]].
 
En [[1822]], o ministro San Miguel outorgoulle a Mina o mando do exército de [[Cataluña]], co encargo de combater a insurrección absolutista e [[Apostólicos|apostólica]]. Chegou a Cataluña o 9 de setembro con 800 infantes e 275 xinetes. O día 10 pasou a [[Lleida]] onde tomou poseposesión do exército, e sobretodosobre todo formou un. Naquela altura Cataluña estaba en pé de guerra ante o levantamento de 30.000 insurxentes, que ocuparan varias prazas fortes, e que mesmo proclamaran na [[Seo d’Urgell]] un goberno en nome da Rexencia de España. En menos de seis semanas, artellou un exército, co que fixo levantar o sitio de [[Cervera]] e tomou [[Castellfullit]], que fixo arrasar, colocando a inscrición: “''Aquí existió Castellfullit. Pueblos, tomad ejemplo: no abrigueis a los enemigos de la patria.''”
 
Logo, Mina tomou [[Balaguer]], puxo en fuga a Rexencia da [[Seo d’Urgell]], apoderándose da súa documentación, pasou polo gume a feroz banda de Romogosa; rexeitou para alén da fronteira francesa os rebeldes que quedaban, e puido, logo de seis meses de vitorias sucesivas, escreberlle ao goberno que a guerra civil acabara. Por tales servizos foi recompensado co grao de [[tenente xeneral]] e condecorado coa [[cruz de San Fernando]], ao tempo foi nomeado [[Capitán xeneral]] de [[Cataluña]].