Presbiterio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Binnenchor.svg|250px|thumb|dereita|Representación esquemática da planta dunha catedral onde se resalta o presbiterio.]]
O '''presbiterio''' é o espazo que nun templo ou [[catedral]] católicos, precede ao [[altar (relixión)|altar]] maior. Estaba, ata o [[Concilio Vaticano II]], reservado ao clero e pode quedar separado da [[nave (arquitectura)|nave]] central por [[bancada]]s, [[escalinata]]s ou un [[enreixado]]. Adoita ser o lugar destinado ao [[coro (arquitectura)|coro]], aínda que non ten porque selo necesariamente.
 
Nos estilos [[Arquitectura románica|románico]] e [[Arquitectura gótica|gótico]], é o tramo de nave que une a [[capela]] [[ábsida|absidal]] coa nave ou o [[cruceiro (arquitectura)|cruceiro]], o que adoita coincidir coa definición anterior. O [[arco (arquitectura)|arco]] que separa o presbiterio da nave ou do cruceiro, sobre todo no primeiro estilo, coñécese como arco triunfal e adoita presentar os [[capitel|capiteis]] de decoración máis coidada.