Caio Mario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JonnyJonny (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
JonnyJonny (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 10:
 
Iniciou a súa carreira militar na guerra fronte ós [[celtíberos]], na que botou varios anos antes da chegada de [[Publio Cornelio Escipión Emiliano]]. Adaptouse axiña á disciplina que Escipión Emiliano impuxo nas tropas cando chegou e, novamente segundo [[Plutarco]], Mario causoulle boa impresión ó xeneral, gañando varias condeconracións. Foi Escipión quen animou a Mario a emprender a carreira pública a pesar da súa condición de "home novo". Nesta etapa, Mario presentouse ás eleccións de [[tribuno militar]]. Segundo [[Salustio]], malia que Mario era un descoñecido para os electores, as tribus elexírono polos seus méritos militares.
 
A familia de Mario era cliente da importantísima familia dos Cecilios Metelos, e o xoven contou co apoio de [[Quinto Cecilio Metelo o Numídico]] para poder gañar as eleccións para [[Tribuno da plebe]] no ano [[-120|120 a.C]]. Mario ingresou no [[senado romano|senado]], pois tódalas persoas que tivesen ocupado ese posto, podían ocupar un sitio nesa asemblea. O contacto con Cecilio Metelo tamén indica que a familia de Mario non eran simples traballadores.
 
Durante o tempo que ocupou o posto de tribuno, Mario xa manifestou os rasgos contradictorios que ían marcar a súa futura acción política. Así, ó mesmo tempo que se enfrontaba á nobreza e ó seu propio protector cunha proposta de lei que pretendía restarlle poder á oligarquía nas votacións, tamén actuaba contra o pobo opoñéndose a unha lei que pretendía aumentar o reparto de trigo entre a plebe. Descoñécese se Mario actuou así por interese propio ou para beneficiar á orde ecuestre.
 
De calquera xeito, a súa carreira política sufriu unha parálise temporal, presentándose e perdendo as eleccións para [[edil curul]] e [[edil plebeio]]. Esta derrota foi, en parte, debida á súa nova enemistade coa familia Metelo. De boas a primeiras semellaba que a súa modesta orixe impedía que Mario puidese chegar ás altas maxistraturas, pero no ano [[-116|116 a.C.]] foi elexido [[pretor]]. As condicións da súa vitoria foron tan dubidosas que foi xuzgado por sobornar a algúns votantes. Mario gañou o xuizo, e polo tanto acadou o posto de pretor en Roma.
 
Despois dun ano de pretor en Roma, Mario foi enviado a gobernar a [[Hispania Ulterior]] en calidade de propretor. Alí tomou parte nalgún enfrontamento militar de pouca relevancia, sen recibir ningún triunfo á súa volta. Tampouco tivo a oportunidade de acadar fama nin riquezas no cargo. Dado que nesa época era cotiá que o posto de gobernador en Hispania durase 2 anos, foi sustituido no ano [[-113|113 a.C]].
 
No ano [[-110|110 a.C.]] Mario casouse con Xulia Maior, tía de [[Xulio César]], cuxo berce patricio e influencia favoreceron á súa aspiración ó posto de [[cónsul romano|cónsul]]. Malia todo, tratábase dunha familia patricia non moi importante por aquel entón, de xeito que este matrimonio non lle aseguraba un progreso político salientable.
 
==A guerra de Iugurta==
{{enuso}}
==Notas==