Banda Oriental: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Modifico: fr:Bande Orientale
m José Gervasio Artigas
Liña 1:
'''Banda Oriental''' ou '''A Banda Oriental''' é a denominación que recibiu ata aproximadamente 1815 coa creación por [[José Gervasio Artigas]] da [[Provincia Oriental]], o territorio [[rioplatense]] situado ao leste do [[Río Uruguai]] no tramo final do seu curso e ao norte do [[Río da Prata]], abarcando unha zona que se corresponde en forma aproximada coa actual [[República Oriental do Uruguai]] e parte de [[Rio Grande do Sul]]. Era a terra máis ''oriental'' do [[Virreinato do Río da Prata]].
==Antecedentes==
A principios do século XVII os habitantes de [[Asunción|Asunción do Paraguai]] falaban de ''A Banda Oriental'' ou ''Banda dos [[charrúa]]s'' (está última denominación era aplicada tamén a [[Entre Ríos]]) para significar os territorios que nesas latitudes daban a "A Mar do Nord" (nome que se daba entón ao [[Océano Atlántico]]). A área norte da Banda Oriental era o territorio chamado coa palabra de orixe [[lingua guaraní|guaraní]] ''Mbiazá'', ''Ybiazá'' ou ''[[Ibiazá]]'' que, ao parecer, por unha remotísima parofonía foi "castelanizada" co nome de ''La Vera''. Ao norte destes territorios estendíase o territorio da [[Guayrá]] ou [[A Pinería]] que se corresponde co actual estado sur brasileiro de [[Estado de Paraná|Paraná]], territorio que se atopaba tamén baixo xurisdición de Asunción do Paraguai.