Caio Mario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JonnyJonny (conversa | contribucións)
comezo do artigo, traducido da wiki en español
 
JonnyJonny (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8:
 
Existe unha lenda sobre a infancia de Mario que conta que, cando aínda era un adolescente, atopou un niñó dunha [[aguia]] con sete pitiños no seu interior. Posto que as águias considerábanse animais sagrados de [[Xúpiter (deus)|Xúpiter]], o deus supremo do romanos, isto foi considerado a posteriori como un presaxio que predicía a súa elección como [[cónsul romano|cónsul]] sete veces. Mais tarde, como cónsul, decretou que a aguia fose o símbolo do [[SPQR|senado e o pobo de Roma]].
 
Iniciou a súa carreira militar na guerra fronte ós [[celtíberos]], na que botou varios anos antes da chegada de [[Publio Cornelio Escipión Emiliano]]. Adaptouse axiña á disciplina que Escipión Emiliano impuxo nas tropas cando chegou e, novamente segundo [[Plutarco]], Mario causoulle boa impresión ó xeneral, gañando varias condeconracións. Foi Escipión quen animou a Mario a emprender a carreira pública a pesar da súa condición de "home novo". Nesta etapa, Mario presentouse ás eleccións de [[tribuno militar]]. Segundo [[Salustio]], malia que Mario era un descoñecido para os electores, as tribus elexírono polos seus méritos militares.
{{enuso}}
==Notas==