National Broadcasting Company: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: bg:Ен Би Си
→‎Historia da NBC Televisión: edicion Westinghouse_Electric
Liña 5:
 
== Historia da NBC Televisión ==
A NBC foi creada o [[9 de setembro]] de [[1926]] pola Radio Corporation of America (RCA) e comezou as súas emisións o [[15 de novembro]] de [[1926]]. A NBC operaba nas estacións de radio de [[RCA]], [[General Electric Company]] (GE), [[Westinghouse Electric Corporation|Westinghouse Electric and Manufacturing Company]] e [[AT&T|American Telephone and Telegraph]] (AT&T).
 
O [[1 de xaneiro]] de [[1927]] a NBC realizou a súa primeira emisión da costa do Atlántico á costa do Pacífico. Así mesmo, comezaron as emisións da segunda rede de NBC, o Blue Network (literalmente, "rede azul"), mentres que a rede inaugurada en [[1926]] pasou a chamarse "Red Network" ("rede vermella"). A Red Network emitía os programas populares mentres que a Blue Network emitía unha programación máis cultural. Ademais, durante un curto período de tempo existiu o Orange Network ("rede laranxa"), que ao principio da década de 1930 pasou a chamarse "Pacific Network" ("rede do Pacífico"), e que combinaba as programacións de Red e Blue Networks para os oíntes da costa oeste dos Estados Unidos. Mentres tanto, a rede internacional de onda curta chamábase "White Network" ("rede branca").