Columna vertebral: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 15:
=== Rexión cervical ===
''Véxase tamén [[fractura de Jefferson]]<br />
Existen 7 vértebras cervicais, con 8 [[nervio espiñal|nervios espiñais]], en xeral pequenas e delicadas. Os seus procesos espiñentos son curtos (con excepción de C2 e C7, os cales teñen procesos espiñentos mesmo palpables). Nomeados de cefálica a caudal como C1 a C7, o [[Atlas (vértebra)|atlas]] (C1) e o [[axe]] (C2), son as vértebras que lle permiten a mobilidade do pescozo. Na maioría das situacións, é a articulación atlanto-occipital que lle permite á cabeza moverse de arriba a abaixo, mentres que a unión atlanto-axidoidea permite ao pescozo moverse e virar de esquerda a dereita. No axe atópase o primeiro disco intervertebral da columna espinal. Todos os mamíferos salvo os manatíes e os perezosos teñen 7 vértebras cervicais, sen importar a lonxitude do pescozo.
A vértebras cervicais posúen o foramen transverso por onde transcorren as arterias vertebrais que chegan até o foramen magno para finalizar no [[polígono de Willis]]. Estes forámenes son os máis pequenos, mentres que o foramen vertebral ten forma triangular. Os procesos espiñentos son curtos e con frecuencia están bifurcados (salvo o proceso C7, onde se ve claramente un fenómeno de transición, asemellándose máis a unha vértebra torácica que a unha vértebra cervical prototipo)