Atlas (vértebra): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 17:
}}
[[Ficheiro:Gray308.png|miniatura|dereita|220px|Atlas, visión lateral.]]
O '''atlas''' é a primeira [[vértebra]] cervical. Estruturalmente presenta moitas diferenzas co resto de vértebras cervicais.
 
==Estrutura==
A diferenza do resto das vértebras cervicais, presenta:
*'''Masas laterais''': son dúas estruturas cúbicas, polo tanto con seis caras. Por diante continúanse co arco anterior. Por detrás continúanse co arco posterior. As caras internas presentan unha superficie irregular onde se insire o '''ligamento transverso do atlas''', que divide o espazo entre os dous arcos nun anterior e outro posterior. As caras externas son ceibes. As superficies superiores presentan dúas cavidades, que se articulan coa '''concha do [[occipital]]'''. É unha dobre articulación con movementos de flexión e extensión. A superficie inferior articúlase coa segunda vértebra cervical ([[axisaxe]]), establecendo unha '''artrodia''' con pequenos deslizamentos.
*'''Arco anterior''': vai de masa lateral a masa lateral por diante. O bordo anterior presenta o '''tubérculo anterior'''. O bordo posterior presenta unha superficie articular para a '''apófise odontoides do axisaxe'''. Forma parte da articulación anterior atloido-odontoidea. É unha articulación trocoide, con movementos de rotación.
*'''Arco posterior''': vai de masa lateral a masa lateral por detrás. Na parte máis próxima ás masas laterais hai un suco para a [[arteria vertebral]], unha de cada lado. Ascenden ó endocranio e forman o [[tronco basilar]]. No bordo posterior do arco hai outro tubérculo, o posterior.
*'''Espazo anterior''': queda delimitado polo bordo posterior do arco anterior e a parte anterior do ligamento transverso do atlas. Estará ocupado pola apófise odontoides do axisaxe.
*'''Espazo posterior''': queda delimitado polo bordo posterior do ligamento transverso do axisaxe e polo borde anterior do arco posterior. Estará ocupado pola [[medula espiñal]] e demais elementos adxacentes.
 
==Articulación occípito-atloidea==