Kary Mullis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Nados en 1944 mediante HotCat
m →‎Traxectoria: arranxiño
Liña 33:
En [[1985]], mentres seguía traballando en Cetus, desenvolveu a técnica da [[reacción en cadea da polimerasa]], (PCR nas súas siglas en inglés), unha das técnicas centrais en [[bioloxía molecular]], que permite a amplificación dunha secuencia específica de [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] usando [[nucleótido]]s trifosfatados e unha [[polimerasa]] de ADN. A idea de multiplicar unha hebra de ADN millóns de veces veulle en [[1983]] pero non convenceu aos seus colegas da compañía, polo que tivo que demostrar en por si a aplicabilidade da técnica. A versión da técnica desenvolvida inicialmente por Mullis, aínda que efectiva, era pouco eficiente, ata que se lle ocorreu empregar polimerasas do ADN termoestables, extraídas de microorganismos [[Termófilo|termofílicos]], inicialmente a polimerasa chamada ''Taq'', procedente de [[Thermus aquaticus]].<ref>{{Cita web |url=http://siarchives.si.edu/research/videohistory_catalog9577.html |título=The History of PCR |dataacceso=6 de marzo de 2011|autor= |data= |obra=Smithsonian Institution Arquives |lingua= {{en}} |cita= }}</ref>
 
Por esta invención, de gran valor en [[biotecnoloxía]] e como ferramenta de investigación científica e forense, en [[1993]] recibiu o [[Premio Xapón]] e o [[Premio Nobel de Química]], compartido co [[Canadá|canadense]] [[Michael Smith (químico)|Michael Smith]]. Cetus, a compañiacompañía de Mullis, deulle unha recompensa de 10.000 dólares pola invención da PCR e logo vendeu a patente por 300.000.000 de dólares a Roche Molecular Systems, unha sección da importante compañía farmacéutica [[Hoffmann-A Roche]].
 
A PCR foi o fundamento de varias revolucións en campos prácticos, como a identificación da orixe de mostras de sangue ou saliva (aos que recorre masivamente a ciencia forense), e a secuenciación de [[xene]]s humanos ou doutros organismos. A secuenciación xenética era ata entón un proceso moi complicado, aplicable só cando se podían obter de xeito natural moitas copias do mesmo ADN. A PCR converteu nunha rutina a investigación da secuencia xenética, permitindo a lectura completa do [[xenoma humano]], así como de moitos organismos que se toman como modelos na investigación de distintos problemas biolóxicos. A técnica permitiu tamén investigar a [[filoxenia]] (historia evolutiva) comparando as secuencias xenéticas de distintas estirpes, que á súa vez é o fundamento dun mundo de hipóteses científicas do máximo interese.