Sintagma: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m →Clasificación morfolóxica: Atributo (sintaxe) |
m Coordinación (gramática) |
||
Liña 1:
O '''sintagma''' é unha estrutura [[sintaxe|sintáctica]], na cal non existe a relación entre [[Suxeito (gramática)|suxeito]] e [[predicado]], consistente nun conxunto de palabras relacionadas cun núcleo (vocábulo máis importante ou con máis relacións sintácticas) que se atopa no seu interior. O sintagma posúe ademais unha función sintáctica no seu contexto e, a diferenza da oración, non posúe unha entoación específica. É dicir, '''con sintagma aludimos á unidade lingüística de rango superior á palabra, constituída por un conxunto de elementos lingüísticos organizados xerarquicamente en torno a un núcleo e caracterizados por desempeñar a mesma función'''. Trátase, xa que logo, dunha unidade de función. Tódalas [[Oración (gramática)|oracións]] están compostas por sintagmas (a oración mesma pode considerarse un macrosintagma) e os sintagmas poden engancharse, depender ou virar uns en torno a outros mediante relacións sintácticas de parataxe ([[Coordinación (gramática)|coordinación]]), hipotaxe ([[subordinación]]) ou relacións morfosintácticas de [[concordancia]], tamén por relacións semánticas de [[cohesión]] e congruencia denominadas [[coherencia textual]]. A composición interior do sintagma varía dende sintagmas cunha soa palabra que funciona como núcleo, ata aqueles nos que se atopan varios sintagmas dependentes dun central ou ata unha [[proposición subordinada]] ao núcleo do sintagma.
Un sintagma pode ser obrigatorio por ser seleccionado polo [[predicado]]. A ese sintagma denomínaselle [[argumento]]. O sintagma non seleccionado polo predicado é sempre opcional e denomínaselle [[adxunto]].
|