Subordinación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rubinbot (conversa | contribucións)
m r2.5.4) (Bot: Engado: et:Alistus
m →‎Subordinación substantiva: Suxeito (gramática)
Liña 10:
 
==Subordinación substantiva==
As proposicións subordinadas substantivas desempeñan funcións sintácticas propias do substantivo: [[|Suxeito (gramática)|suxeito]], [[obxecto directo]], [[complemento de réxime]] ou [[suplemento]], [[complemento do nome]]... Van introducidas polos nexos ''que'', ''o que'', ''o feito de que'', por [[pronome]]s interrogativos como ''que'', ''cal'', ''quen'', ou por [[adverbio]]s interrogativos como ''canto'', ''como'', ''cando'', ''onde'' etc..., precedidos ou non por [[preposición]]. No caso das interrogativas indirectas tamén pode aparece-lo nexo ''se''.
 
O nexo adóitase suprimir detrás de '''verbos de lingua''' ou '''verbos que expresen vontade ou mandato''': "Ordénolle ''preséntese inmediatamente en comandancia''"; "Pedro dixo: ''Non é necesario''". Nestes últimos casos trátase do que se denomina [[estilo directo]], é dicir, reprodúcese o que foi dito con exactitude e na súa forma primitiva sen cambios; o nexo é substituído por dous puntos, comiñas ou guión. Se polo contrario o que se dixo reprodúcese sen respecto á forma orixinal como foron pronunciadas as palabras, aínda que co mesmo sentido, denomínase [[estilo indirecto]] e se existe o nexo: "Pedro dixo que non era preciso"