Lingua ojibwa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Gramática: Suxeito (gramática)
Liña 74:
Hai unha distinción entre dous tipos da [[Persoa gramatical|terceira persoa]], o "próximo" (a terceira persoa dunha oración que se supón que sexa a máis importante ou enfocada), e o "obviativo" (a terceira persoa que se supón que sexa menos importante ou enfocada). O nome pode ser singular ou plural, e hai dous [[Xénero gramatical|xéneros]], animado ou non animado. Existen distintos [[pronome]]s persoais, pero como en espalol ou galego, normalmente úsase só por énfase. Os pronomes distinguen entre a primeira persoa do plural inclusiva e exclusiva.
 
A categoría de palabras máis complicada son os [[verbo]]s. Os verbos declínanse pola súa ''orde'' (o ''indicativo''; o ''conxuntivo'', similar ao subxuntivo en español, e que soamente se usa en oracións subordinadas; e o ''imperativo''), por ''polaridade'' (negativo ou afirmativo), e pola persoa, número, animación, e posición de aproximado/obviativo tanto do seu [[Suxeito (gramática)|suxeito]] como do seu obxecto, e tamén por algúns ''modos'' diferentes (que inclúen o ''dubitativo'' e ''pretérito'') e [[tempo gramatical|tempos]].
 
== Vocabulario ==