Carl Gustav Jung: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: si:කාල් යුං
m →‎Psicoloxía junguiana: Suxeito (filosofía)
Liña 55:
Tales manifestacións remiten, segundo a súa hipótese, a determinados patróns, aos que chamou ''arquetipos''. Jung chegou a comparar os [[arquetipo]]s co que en [[etoloxía]] denomínase [[patrón]] de [[comportamento]] (ou pauta de comportamento), extrapolando este concepto, dende o campo dos instintos á [[complexidade]] da conduta humana [[Teleoloxía|finalista]]. <ref>Jung, Carl Gustav. ''Símbolos de transformación'' (edición revisada e aumentada de ''Transformacións e símbolos da libido''). Bos Aires: Paidós, 1993, páxina 171. ISBN 84-7509-138-5</ref> Os arquetipos modelarían a forma en que a [[consciencia]] humana pode [[experiencia|experimentar]] o mundo e [[percepción|autopercibirse]]; ademais, levarían implícitos a matriz de respostas posibles que é posible observar, nun momento determinado, na conduta particular dun suxeito. Neste sentido, Jung sostiña que os arquetipos actúan en todos os homes, o que lle permitiu postular a existencia dun ''[[inconsciente colectivo]]''.
 
O home accedería a esa dinámica inconsciente en virtude da experiencia [[suxeitoSuxeito (filosofía)|subxectiva]] destes [[símbolo]]s, a cal é mediada profusamente polos soños, a arte, a relixión, os [[drama]]s psicolóxicos representados nas relacións interpersoais, e os propósitos íntimos. Jung sostiña a importancia de profundar no coñecemento desa linguaxe simbólica para consolidar a preeminencia da consciencia individual sobre as ''potencias'' inconscientes. En ton [[poesía|poético]], sostiña que este proceso de [[individuación]] (''principium individuationis'') só é viable cando se deu resposta á pregunta: ''Cal é o mito que ti vives?''. <ref>Jung, Carl Gustav. ''Símbolos de transformación'' (''xa citada''), páxina 17.</ref> Consideraba, por outra banda, que estes aspectos da vida anímica están relativamente marxinados do [[Crenza|sistema de crenzas]] da mentalidade [[modernidade|moderna]] [[occidental]].
 
===Perspectiva===