Lingua hindi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: en:Hindi
m →‎Breve resumo de Sintaxe: Suxeito (gramática)
Liña 122:
 
== Breve resumo de Sintaxe ==
A orde normal de palabras nunha [[frase]] é SOV ([[Suxeito (gramática)|Suxeito]]-[[Obxecto]]-[[Verbo]]). Mais se as [[posposición]]s van unidas con [[nome]]s, a orde en Hindi-Urdú tórnase máis libre que en [[Lingua inglesa|inglés]], pero non tanto como en [[latín]] ou [[sánscrito]]. A alteración da orde das palabras serve (xunto con o ton da fala) tamén para mudar a énfase da frase. Se o suxeito é un nome, o [[adxectivo]] pode ir antes do mesmo (na posición [[atributo|atributiva]]) ou entre o nome e o verbo (na posición [[predicado|predicativa]], mais só se o verbo é होना {{IPA|/hoː.naː/}} ''ser''). Se o suxeito é un [[pronome]] o adxectivo vai en posición predicativa. O lugar entre o suxeito e o verbo pode ir ocupado por adverbios, frases instrumentais, frases en dativo, frases en locativo, etc. A orde das palabras - ao contrario que en inglés ou francés - non precisa ser reinvertido nas [[oración (gramática)|oracións]] interrogativas. As preguntas poden formularse colocando o [[pronome]] interrogativo क्या {{IPA|/kjaː/}} no inicio mesmo da frase. As oracións interrogativas máis formais poden realizarse colocando a partícula negativa न {{IPA|/nə/}} ao final da frase. Isto indica unha pregunta educada (sen necesidade de usar "por favor"). Porén a partícula negativa vai diante do verbo. Certas partículas resaltan a palabra que as sigue inmediatamente, p.ex., ही {{IPA|/hiː/}} (''só, somente'', como partícula enfática), भी {{IPA|/bʱiː/}} (''tamén''), तक {{IPA|/t̪ək/}}, तो {{IPA|/t̪oː/}}, भर {{IPA|/bʱəɾ/}}, etc. As cláusulas nominais están a miudo unidas pola conxunción कि {{IPA|/ki/}} (lit., ''que'', de orixe persa).
 
As oracións compostas (aquelas con dous ou máis cláusulas simples de importancia similar) están, polo corrente, unidas por conxuncións como और {{IPA|/ɔːɾ/}} — ''e'', या {{IPA|/jaː/}} — ''ou'', लेकिन {{IPA|/leː.kin/}} — ''mais, pero'', इसलिये {{IPA|/is.li.jeː/}} — ''por iso'', वरना {{IPA|/vəɾ.naː/}} — ''doutro xeito, outramente'', etc. As veces son utilizadas conxuncións dobres se son precisas, p.ex.: न … न {{IPA|/nə/ … /nə/}} — ''nen … nen''.