Verbo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Suxeito (gramática)
m modo gramatical
Liña 4:
O '''verbo''' é unha [[clase de palabra]] que funciona como núcleo do [[predicado]] e adoita indicar acción (''traer, ler,'' etc.), proceso (''pensar, crer,'' etc.) ou estado (''existir, vivir, permanecer, ser,'' etc.). En [[Lingua galega|galego]] constitúe a clase de palabra máis variable.
 
Dependendo da [[lingua]], hai moitos factores que fan que os verbos poidan mudar a súa forma, entre eles pódense atopar o [[tempo]], o [[modo gramatical|modo]], o [[aspecto]], a [[Voz (lingüística)|voz]]. Ademais, o verbo pode concordar en [[Xénero gramatical|xénero]], [[persoa]] e [[número]] con algúns dos seus argumentos (aos que normalmente se coñece como [[Suxeito (gramática)|suxeito]], [[complemento directo]] etc.).
 
As linguas en que os verbos son conxugados denomínanse [[lingua flexiva|linguas flexivas]], e cada unha destas determina regras específicas para a conxugación dos seus propios verbos, diferindo notablemente estas entre un sistema lingüístico e outro. En [[Lingua galega|galego]], por exemplo, os verbos conxúganse dunha forma regular segundo a persoa, número, [[tempo]] e modo, e ademais con estruturas chamadas [[perífrase verbal|perífrases verbais]] que expresan modos e aspectos que non aparecen na conxugación regular. Como a terminación é distinta para cada persoa, o uso de [[persoais]] considérase a miúdo unha [[redundancia]].