Pedro Galán Calvete: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Fillo de Pedro Galán Cortés que traballaba de camareiro marítimo nos barcos que cruzaban o Atlántico, foi o maior de catro fillos. FoiEstudou ánas escolaprimeiras escolas de estudos primarios en galego que existiron na cidade nas que impartía clases [[Ánxel Casal]]. Cursou estudos na Escola Profesional de Comercio da Coruña.
 
O seu compromiso político apareceu nun manifesto publicado en ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]'' en outubro de [[1933]], no que, xunto a [[Jenaro Marinhas del Valle]] e outra ducia de rapaces, diríxense "Aos mozos cruñeses" para lles anunciar a súa decisión de constituír a Mocidade Galeguista, baixo a disciplina do [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]]. Foi Secretario de Organización da Mocidade Galeguista da Coruña. Representou ás mocidades da Coruña na asemblea fundacional da [[Federación de Mocedades Galeguistas]] celebrada en [[Ourense]] en xaneiro de 1934, e formou parte do seu Consello Nacional como conselleiro en representación da Comarca da Coruña.