Trapecio de Orión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 51:
|}
 
O '''Trapecio''', '''Cúmulo do Trapecio]]''' ou '''O Trapecio do Cúmulo de Orión''' é un pequeno [[cúmulo estelar]] no corazón da [[Nebulosa de Orión]], a cal pertence á [[constelación]] de Orión. Foi descuberto por Galileo Galilei. O 4 de febreiro de 1617, Galileo puido esbozar tres das estrelas (A, C, D), pero o resto de estrelas estaban confundidas entre a nebulosidade circundante.<ref name=bard>Galileo Galilei: Siderius Nuncius, [[Venice]], 1610. English Translation published at Bard College, Hudson NY" October 9, 2003 English Translation [http://www.bard.edu/admission/forms/pdfs/galileo.pdf] Original Latin version [http://www.liberliber.it/biblioteca/g/galilei/sidereus_nuncius/html/sidereus.htm]</ref><ref name=popet>Tom Pope and Jim Mosher: Galilean telescope homepage" March 17, 2006 [http://www.pacifier.com/~tpope/Trapezium_Page.htm], "Algunhas persoas manifestaron a súa perplexidade que, no seu texto, Galileo non fai mención algunha da nebulosidade (coñecido na nomenclatura moderna como M42) que envolve a estas estrelas. ... Galileo cría, como explica en ''Sidereus Nuncius'', que o que semella nebuloso para o ollo é resolto coma estrelas polo seu telescopio, e o que parece nebuloso a través do seu telescopio podería presuntamente tamén ser resolto coma estrelas por un telescopio aínda maior e máis potente. Así, un brillo difuso sería, máis que calquera outra cousa, unha indicación das limitacións do seu telescopio e non digno de especial mención."</ref><ref name=popeu>Tom Pope and Jim Mosher: Page on Galileo's February 4, 1617 notebook drawing of the Trapezium region, May 2, 2006 "Perhaps significantly, Galileo makes no mention of having noticed the now well-known gas cloud, M42, surrounding the Trapezium stars."[http://www.pacifier.com/~tpope/Photo_Drawing_Comparison_Page.htm#TRAPEZIUM]</ref> A cuarta compoñente (B) foi identificada por varios observadores no ano 1673, e varias compoñentes máis foron descubertas máis tarde, para un total de oito estrelas confirmadas, ala polo ano 1888. Posteriormente varias das estrelas foron confirmadas coma binarias. Os telescopios dos astrónomos afeccionados de preto de 5 cm de apertura pode resolver seis estrelas en boas condicións de visibilidade.<ref>{{cita web | autor = Lodriguss, Jerry | título = The Trapezium, Theta Orionis | url = http://www.astropix.com/HTML/B_WINTER/TRAPEZ.HTM | dataacceso = 02-06-2012}}</ref>
 
O trapecio é un cúmulo relativamente novo que se formou directamente da nebulosa nai. As cinco estrelas máis brillantes son da orde de entre 15 a 30 [[masa solar|masas solares]] de tamaño. Elas están separadas entre si dentro dun diámetro de 1,5 [ano luz|anos luz]] e son responsables de boa parte da iluminación da nebulosa. O Trapecio podería ser un sub-compoñente do Cúmulo da Nebulosa de Orión, un grupo de preto de 2.000 estrelas dentro dun diámetro duns 20 anos luz.