Diferenzas entre revisións de «Traquea (vertebrados)»

 
===Histoloxía===
A parte interna da traquea está revestida por un epitelio ciliado cilíndrico pseudoestratificado. Este epitelio contén células ciliadas cun bordo de microvilli do que sobresaen os [[cilio]]s. Entre elas hai [[célula caliciforme|células caliciformes]] produtoras de micíxenomucus. Entre as bases das células cilíndricas hai células basais piramidais.<ref>D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 741-742. ISBN 84-7605-361-4 </ref>
 
Debaixo do epitelio ciliado hai un tecido conxuntivo laxo moi rico en fibras elásticas, que contén moitas glándulas submucosas, formadas por [[acino]]s e túbulos que se abren na superficie do epitelio e producen unha secreción [[mucina|mucosa]] e serosa [[glicoproteína|glicoproteica]]. A lámina de moco que se forma sobre o epitelio ten función protectora, xa que o po e outras partículas inhaladas quedan pegadas a el, e despois é arrastrado polos cilios ata a farinxe, onde será tragado.
190.202

edicións