Diferenzas entre revisións de «Canal de Suez»

sobretodo>sobre todo
m
(sobretodo>sobre todo)
En 1854 e 1856, [[Ferdinand de Lesseps]], que fora un diplomático vinte anos antes, obtivo a concesión da súa construción de [[Said Pasha]], vicerrei do Exipto. Creouse unha empresa para a construción dun canal marítimo aberto aos barcos de todas as nacións de acordo cos planos creados polo enxeñeiro [[Austria|austriaco]] [[Alois Negrelli]]. A construción do canal iniciouse o [[25 de abril]] de [[1859]]. No final dos traballos, [[Exipto]] e [[Francia]] eran os propietarios do canal. E a Compañía do Canal de Suez (''Compagnie Universelle du Canal Maritime de Suez'') operaría o canal por un período de 99 anos.
 
Estímase que 1,5 millón de exipcios participaron na construción do canal e que 125.000 morreron, principalmente da [[cólera]]. Nun principio, a construción levouse a cabo sobretodosobre todo por medios manuais; sen auga potábel, os traballadores realizaban o seu labor en condicións moi duras, axudados por [[camelo]]s carregados con cestos. Porén, reunir todos os meses 20.000 traballadores resultou sumamente difícil. Por outra banda, máis de 200 morrían cada ano e as tarefas detíñanse por causa de enfermidades contaxiosas. Aos cinco anos, o goberno exipcio suspendeu a contratación de traballadores e procedeu a mecanizar os traballos.
 
[[Ficheiro:SuezCanalElGuisr.jpg|300px|dereita|miniatura|Construción do canal]]
91.676

edicións