Factor Nod: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 8:
Os xenes Nod codifican unhas 25 proteínas requiridas para a síntese bacteriana e exportación do factor Nod <ref name=Gage/>. A expresión dos [[xene]]s Nod é inducida pola presenza de certos [[flavonoide]]s no chan, que foron segregados pola planta para atraer ás bacterias. <ref>José Angelo Silveira Zuanazzi, Pierre Henri Clergeot, Jean-Charles Quirion, Henri-Philippe Husson, Adam Kondorosi,1 and Pascal Ratet (1998). ''Production of Sinorhizobium meliloti nod Gene Activator and Repressor Flavonoids from Medicago sativa Roots'' Molecular Plant–Microbe Interactions 11:784–794</ref> Estas substancias químicas inducen a formación de NodD, que á súa vez activa outros xenes implicados na expresión de factores Nod e a súa secreción ao chan. Os factores Nod inducen o crecemento dos [[pelo radicular|pelos radiculares]], que medran enrolándose e envolvendo á bacteria. Isto vai seguido da rotura localizada dunha zona da [[parede celular]] e a invaxinación da [[membrana plasmática]] da célula da planta, o que facilitará a penetración no pelo radicular da bacteria por medio da formación dun filamento de infección. <ref name=Gage>Daniel J. Gage (2004). [http://mmbr.asm.org/content/68/2/280.full?view=long&pmid=15187185 ''Infection and Invasion of Roots by Symbiotic, Nitrogen-Fixing Rhizobia during Nodulation of Temperate Legumes''] Microbiol Mol Biol Rev. 68:280–300</ref> Despois continúa o desenvolvemento do [[nódulo radicular]], onde se realizará a fixación do nitróxeno. Os factores Nod actúan inducindo cambios na expresión xénica na [[leguminosa]], principalmente nos xenes de nodulina (uns 20 xenes, entre eles o da [[leghemoglobina]]), que se necesitan para a organoxénese do [[nódulo radicular|nódulo]]. <ref>Francine Govers, Marja Moerman, J. Allan Downie, Paul Hooykaas, Henk J. Franssen, Jeanine Louwerse, Albert Van Kammen and Ton Bisseling (1986). [http://www.nature.com/nature/journal/v323/n6088/abs/323564a0.html ''Rhizobium nod genes are involved in inducing an early nodulin gene'']. Nature 323:564–466</ref>
 
É interesante que polo menos tres xenes da planta que son estimulados polos factores Nod están tamén implicados na [[simbiose]] das [[micorriza arbuscular|micorrizas arbusculares]] (que penetran en células corticais da planta). <ref>B. Oláh, C. Brière, G. Bécard, J. Dénarié and C.Gough (2005). [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/16212600 ''Nod factors and a diffusible factor from arbuscular mycorrhizal fungi stimulate lateral root formation in Medicago truncatula via the DMI1/DMI2 signalling pathway.''] Plant J. 44:195–207. PMID 16212600.</ref> A adición de certos factores Nod potencia a colonización por micorrizas arbusculares, o que indica que estas dúas simbioses poden ter algúns mecanismos comúns.
 
== Notas ==