Diferenzas entre revisións de «Factor Nod»

Os factrores Nod quimicamente son lipoquitooligosacáridos (LCOs) que constan dun esqueleto oligomérico de [[quitina]] acilada con varias substitucións de [[grupo funcional|grupos funcionais]] en residuos terminais ou non terminais. O número de moléculas de [[N-acetilglicosamina]] varía nos distintos factores Nod coñecidos; porén, xeralmente a lonxitude do esqueleto de quitina é de 3 a 5 unidades. A estrutura química exacta do factor Nod que a planta ten que recoñecer varía dunha especie bacteriana a outra e é a base da especificidade [[simbiose|simbionte]]-[[hóspede]]. Os factores Nod son recoñecidos por un tipo específico de [[quinase]]s receptoras de membrana que teñen o dominio proteico [[LysM]] (motivo [[lisina]]) nas súas porcións extracelulares. As dúas quinases receptoras LysM ([[NFR1]] e [[NFR5]]) que parecen constituír o receptor do factor Nod foron illadas primeiro na leguminosa utilizada como [[organismo modelo]] ''[[Lotus japonicus]]'' en 2003. Actualmente foron illados tamén da [[soia]] e de ''[[Medicago truncatula]]''. O NFR5 carece do clásico bucle de activación no [[dominio quinase]]. O xene ''NFR5'' carece de [[intrón]]s.
 
A expresión do xene Nod é inducida pola presenza de certos [[flavonoide]]s no chan, que foron segregados pola planta para atraer ás bacterias. <ref>José Angelo Silveira Zuanazzi, Pierre Henri Clergeot, Jean-Charles Quirion, Henri-Philippe Husson, Adam Kondorosi,1 and Pascal Ratet (1998). ''Production of Sinorhizobium meliloti nod Gene Activator and Repressor Flavonoids from Medicago sativa Roots'' Molecular Plant–Microbe Interactions 11:784–794</ref> Estas substancias químicas inducen a formación de NodD, que á súa vez activa outros xenes implicados na expresión de factores Nod e a súa secreción ao chan. Os factores Nod inducen o crecemento dos [[pelo radicular|pelos radiculares]], que medran enrolándose e envolvendo á bacteria. Isto vai seguido da rotura localizadlocalizada dunha zona da [[parede celular]] e a invaxinación da [[membrana plasmática]] da célula da planta, o que facilitará que a penetración no pelo radicular da bacteria e a formación dun filamento de infección. <ref>Daniel J. Gage (2004). ''Infection and Invasion of Roots by Symbiotic, Nitrogen-Fixing Rhizobia during Nodulation of Temperate Legumes'' Microbiol Mol Biol Rev. 68:280–300</ref> Despois continúa o desenvolvemento do nódulo, onde se realizará a fixación do nitróxeno. Os factores Nod actún inducindo cambios na expresión xénica na leguminosa, principalmente nos xenes de nodulina, que se necesitan para a organoxénese do [[nódulo radicular|nódulo]]. <ref>Francine Govers, Marja Moerman, J. Allan Downie, Paul Hooykaas, Henk J. Franssen, Jeanine Louwerse, Albert Van Kammen and Ton Bisseling (1986). ''Rhizobium nod genes are involved in inducing an early nodulin gene'' Nature 323:564–466</ref>
 
É interesante que polo menos tres xenes da planta que son estimulados polos factores Nod están tamén implicados na simbiose das [[micorriza arbuscular|micorrizas arbusculares]]. <ref>B. Oláh, C. Brière, G. Bécard, J. Dénarié and C.Gough (2005). ''Nod factors and a diffusible factor from arbuscular mycorrhizal fungi stimulate lateral root formation in Medicago truncatula via the DMI1/DMI2 signalling pathway.'' Plant J. 44:195–207</ref> A adición de certos factores Nod potencia a colonización por micorrizas arbusculares, o que indica que estas dúas simbioses poden ter algúns mecanismos comúns.
194.485

edicións