Pantera Rodríguez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
máis categorías
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Felipe Rodríguez Piñeiro''', chamado '''Pantera Rodríguez''', nado en [[Vilaxoán, Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de Arousa|Vilaxoán]] en [[1953]] e falecido na mesma vila o [[31 de maio]] de [[2000]], foi un [[boxeo|boxeador]] [[Galicia|galego]].
 
==Traxectoria==
Fillo dun mariñeiro, por consello dun antigo boxeador da súa mesma vila, [[Vicente Martiñán]], aos dezaseis anos mudouse a [[Zaragoza]] e posteriormente a [[Madrid]], para dedicarse ao boxeo. En Madrid debutou como afeccionado en [[1972]]. Nese ano e en [[1976]] proclamouse campión de España de afeccionados na categoría de pesos pesados. En [[1977]] pasa a profesional, e gaña por nove veces o título dos pesos pesados, ata que se retira invicto en [[1987]]. Obtivo o título de campión europeo dos pesos pesados en [[1978]], pero perdeuno aos puntos contra o italiano [[Lorenzo Zenon]] en [[1979]] e non o recuperou contra o francés [[Lucien Rodriguez]] en [[1981]]. Tamén pelexou contra o uruguaio [[Alfredo Evangelista]], co resultado de combate nulo.
 
Cando se retirou do boxeo traballou como vixilante de seguridade na [[A Coruña|Coruña]] e logo como presentador no porgramaprograma de [[televisión]] ''[[Luar]]''. Posteriormente regresou ao traballo de garda de seguridade.
 
O [[8 de abril]] de [[2000]] recibiu unha homenaxe no [[polideportivo de Fontecarmoa]], no [[O Carril, Vilagarcía de Arousa|Carril]] e dous meses despois falecía dun [[tumor cerebral]].