Sancho I de Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vagobot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: br:Sancho Iañ Portugal
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 28:
 
== Reinado ==
Coa morte de Afonso I en [[1185]], Sancho I convértese no segundo rei de Portugal. Tendo [[Coimbra]] como centro do seu reino, Sancho deu por rematada as guerras fronteirizas pola posesión de [[Reino de Galicia|Galicia]] e dedicouse a guerrear cos [[MourosImperio Islámico|mouros]] localizados aao Sur, aproveitando o paso polo porto de [[Lisboa]] dos [[Cruzadas|cruzados]] da terceira cruzada, na primavera de [[1189]], para conquistar [[Silves]], un importante centro administrativo e económico do Sur, cunha poboación estimada en 20.000 persoas. Sancho ordenou a fortificación da cidade e construción do castelo que aínda hoxe pode ser admirado. A posesión de Silves foi efémera, xa que en [[1190]] [[Abu Yusuf Fatimí al-Mansur]] rodeou a cidade de Silves cun exército e con outro atacou Pino, que só puido resistir durante dez días, debido ao rei de León e Castela ameaza de novo o Norte.
 
Sancho I adicou moito do seu esforzo gobernativo á organización política, administrativa e económica do seu reino. Acumulou un tesouro real e incentivou a creación de industrias, así como a clase media de comerciantes e mercadores.