Xofre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: am:ድኝ
m →‎Características: vida media (física)
Liña 78:
Ao [[punto de fusión|fundirse]] o xofre, obtense un líquido que flúe con facilidade formado por moléculas de de S<sub>8</sub>, porén ao quentalo se torna marrón levemente avermellado, presentando un aumento na súa [[viscosidade]]. Este comportamento débese á ruptura dos aneis, formando longas cadeas de [[átomo]]s de xofre que se enredan entre si, diminuíndo a fluidez do líquido. O máximo de viscosidade é alcanzado nunha temperatura en torno de 200&nbsp;°C. Arrefecéndose rapidamente este líquido viscoso obtense unha masa elástica, de consistencia similar á da goma, denominada ''xofre plástico'' (xofre γ), que está formada por cadeas que non tiveron tempo para reorganizarse en moléculas de S<sub>8</sub>; despois de certo tempo a masa perde a súa elasticidade, cristalizando no sistema rómbico. Estudos realizados con [[raios X]] mostran que esta forma amorfa pode estar constituída por moléculas de S<sub>8</sub> cunha estrutura de hélice en espiral.
 
No estado de vapor tamén forma moléculas de S<sub>8</sub>. Porén a 780&nbsp;°C xa se alcanza un equilibrio con moléculas diatómicas, S<sub>2</sub>, e aproximadamente por encima de 1800&nbsp;°C a disociación complétase encontrándose átomos de xofre. Os [[óxido]]s máis importantes son o [[dióxido de xofre]], SO<sub>2</sub>, que en auga forma unha solución de [[ácido|ácido sulfuroso]], e o trióxido de xofre, SO<sub>3</sub>, que en solución forma o [[ácido|ácido sulfúrico]]. Coñécense 18 [[isótopo]]s do xofre, catro dos cales son estábeis: S-32 ( 95,02% ), S-33 ( 0,75% ), S-34 ( 4,21% ) e S-36 ( 0,02% ). O S-35, formado a partir da incidencia da [[radiación cósmica]] sobre o [[Argonio]]-40 atmosférico, ten unha [[vida media (física)|vida media]] de 87 días, os demais isótopos radioactivos son de vida curta.
 
== Aplicacións ==