Nódulo radicular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 19:
 
==Nodulación==
[[Ficheiro:Lotus pedunculatus11 ies.jpg|miniatura|esquerda|Nódulos nas raíces de ''Lotus pedunculatus''.]]
As leguminosas liberan compostos chamados [[flavonoide]]s polas súas raíces, que desencadean a produción de [[factor nod|factores nod]] (de nodulación) por parte da bacteria. Cando o factor nod é percibido pola raíz, teñen lugar varios cambios bioquímicos e morfolóxicos: desencadéase a [[división celular]] na raíz para crear o nódulo, e o crecemento dos [[pelo radicular|pelos radiculares]] rediríxese para enrolarse arredor da bacteria moitas veces ata que encapsula completamente unha ou varias bacterias. As bacterias encapsuladas divídense moitas veces, formando unha microcolonia. A partir desta microcolonia, as bacterias entran no nódulo en desenvolvemento a través dunha estrutura chamada filamento de infección, que crece a través do pelo radicular ata a parte basal da célula da [[Epiderme (plantas)|epiderme]], e continúa polo [[córtex (botánica)|córtex da raíz]]; despois, quedan rodeadas por unha membrana formada pola planta e diferéncianse en bacteroides que fixan nitróxeno.