Nódulo radicular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 20:
 
==Nodulación==
As leguminosas liberan compostos chamados [[flavonoide]]s polas súas raíces, que desencadean a produción de [[factor nod|factores nod]] (de nodulación) por parte da bacteria. Cando o factor nod é percibido pola raíz, teñen lugar varios cambios bioquímicos e morfolóxicos: desencadéase a [[división celular]] na raíz para crear o nódulo, e o crecemento dos [[pelo radicular|pelos radiculares]] rediríxese para enrolarse arredor da bacteria moitas veces ata que encapsula completamente unha ou varias bacterias. As bacterias encapsuladas divídense moitas veces, formando unha microcolonia. A partir desta microcolonia, as bacterias entran no nódulo en desenvolvemento a través dunha estrutura chamada filamento de infección, que crece a través do pelo radicular ata a parte basal da célula da [[Epiderme (plantas)|epiderme]], e continúa polo [[córtex (botánica)|córtex da raíz]]; despois, quedan rodeadas por unha membrana formada pola planta e diferéncianse en bacteroides que fixan nitróxeno.
[[Ficheiro:NitrogenFixingNodulesOnClover.jpg|miniatura|200px|Nódulos de fixación de nitróxeno na raíz de trevo.]]
As leguminosas liberan compostos chamados [[flavonoide]]s polas súas raíces, que desencadean a produción de [[factor nod|factores nod]] (de nodulación) por parte da bacteria. Cando o factor nod é percibido pola raíz, teñen lugar varios cambios bioquímicos e morfolóxicos: desencadéase a [[división celular]] na raíz para crear o nódulo, e o crecemento dos [[pelo radicular|pelos radiculares]] rediríxese para enrolarse arredor da bacteria moitas veces ata que encapsula completamente unha ou varias bacterias. As bacterias encapsuladas divídense moitas veces, formando unha microcolonia. A partir desta microcolonia, as bacterias entran no nódulo en desenvolvemento a través dunha estrutura chamada filamento de infección, que crece a través do pelo radicular ata a parte basal da célula da [[Epiderme (plantas)|epiderme]], e continúa polo [[córtex (botánica)|córtex da raíz]]; despois quedan rodeadas por unha membrana formada pola planta e diferéncianse en bacteroides que fixan nitróxeno.
 
A nodulación está controlada por unha variedade de procesos, tanto externos (calor, chans ácidos, seca, nitratos) coma internos (autorregulación da nodulación, etileno). A autorregulación da nodulación controla o número de nódulos por planta por medio dun proceso sistémico que implica á folla. O tecido da folla percibe os eventos do inicio da nodulación na raíz por medio de sinais químicos descoñecidos, despois restrinxe o desenvolvemento ulterior do nódulo nos tecidos da raíz de nova formación. As quinases receptoras con repeición rica en leucina (LRR) (chamadas NARK na soia (''Glycine max''); HAR1 en ''[[Lotus japonicus]]'', SUNN en ''[[Medicago truncatula]]'') son esenciais para a autorregulación da nodulación. As mutacións que orixinan a perda de función destas quinases receptoras da autorregulación da nodulación causan supernodulación ou hipernodulación. A miúdo a perda da actividade das quinasas receptoras desta autorregulación vai acompañada de anormalidades no crecemento da raíz, o que suxire que o crecemento dos nódulos e o desenvolvemento da raíz están vencelladas funcionalmente. As investigacións sobre os mecanismos da formación de nódulos mostraron que o xene [[ENOD40]], que codifica unha proteína ácida de 12-13 aminoácidos, aumenta a súa expresión durante a formación dos nódulos.