Nódulo radicular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{entradución}}
[[Ficheiro:Root-nodule01.jpg|miniatura|dereita|300px|Sección dun nódulo redicular de soia (''Glycine max'' 'Essex'). A bacteria ''[[Bradyrhizobium|Bradyrhizobium japonicum]]'', coloniza as raíces da soia e establece unha simbiose para a fixación do nitróxeno. Esta imaxe de grande aumento mostra parte dunha célula cun só bacteroide nos seus simbiosomas ; poden verse o [[retículo endoplasmático]], o [[dictiosoma]] e a [[parede celular]].]]
Os '''nódulos radiculares''' son formacións de forma esférica ou cilíndrica que aparecen nas raíces de moitas plantas (principalmente [[Fabaceae]]) orixinadas pola [[simbiose]] destas plantas con [[bacteria]]s [[fixación do nitróxeno|fixadoras do nitróxeno]]. En condicións nas que a dispoñibilidade de nitróxeno é limitada, certas plantas establecen unha relación simbiótica con estirpes de bacterias específicas de [[hóspede]] coñecidas como [[rizobio]]s (fundamentalmente). Este proceso evolucionou moitas veces entre as Fabaceae (leguminosas), e tamén noutras especies pertencentes ao [[clado]] das [[Rósida]]s. <ref>{{cite journal | author = Doyle, J. J., & Luckow, M. A. | title = The Rest of the Iceberg. Legume Diversity and Evolution in a Phylogenetic Context | journal = Plant Physiology | volume = 131 | issue = 3| pages = 900&ndash;910 | year = 2003 | url = http://www.plantphysiol.org/cgi/content/full/131/3/900 | doi = 10.1104/pp.102.018150 | pmc = 1540290 | pmid = 12644643}}</ref>
 
Nos nódulos das leguminosas, o gas nitróxeno da [[atmosfera]] convértese en [[amoníaco]], o cal será asimilado incorporándose aos [[aminoácido]]s (os compoñentes que forman as [[proteína]]s), [[nucleótido]]s (que forman o [[ADN]], [[ARN]] e o [[adenosina trifosfato|ATP]]), e outros constituíntes celulares nitroxenados, como [[vitamina]]s, [[flavona]]s, [[hormona vexetal|hormonas]], etc. A súa capacidade de [[fixación do nitróxeno]] gasoso fai que as [[leguminosa]]s sexan unhas especies agrícolas ideais, xa que non requirirán a penas [[fertilizante]]s nitroxenados e enriquecerán o chan con nitróxeno asimilable. A enerxía que cómpre para a fixación bacteriana do nitróxeno nos nódulos procede dos azucres que se transportan ás raíces desde as follas (onde se formaron na [[fotosíntese]]). O malato, un produto que se orixina na degradación metabólica dos azucres, é a fonte de carbono para os bacteroides dos nódulos. A fixación do nitróxeno nos nódulos é moi sensible ao osíxeno. Os nódulos dos legumes conteñen unha proteína con ferro chamada [[leghemoglobina]], moi similar á [[mioglobina]] animal, que recolle o osíxeno e facilita a conversión do gas nitrtóxeno en amoníaco.