Batalla da Montaña Branca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m DEFAULTSORT -> ORDENAR
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: zh:白山之戰; cambios estética
Liña 3:
A '''batalla da Montaña Blanca''' (en checo : ''Bílá hora'') desenvolveuse o [[8 de novembro]] de [[1620]], preto da cidade de [[Praga - Praha|Praga]]. Foi unha das primeiras e das máis importantes da [[guerra dos Trinta Anos]].
 
Nela trabaron encontro un exército de arredor de 15.000 homes ao mando de [[Christian I de Anhalt-Bernburg]], ao servizo de [[Federico V do Palatinato]], coas forzas do [[Sacro Imperio romano xermánico]] guiadas polo [[Charles-Bonaventure de Longueval, conde de Bucquoy|conde de Bucquoy]], combinadas con tropas da [[Liga católica]], ás ordes do [[Jean 't Serclaes, conde de Tilly|conde deTilly]], cun total de 25.000 homes, que lograron unha brillante vitoria. Esta batalla marcou o final do primeiro período (período bohemio) da [[guerra dos Trinta Anos]].
 
== Antecedentes ==
O inicio da revolta dos protestantes en [[Bohemia]] foi exitoso, permitíndolles rachar a polítca de aillamento, elixindo como rei o eleitor palatino [[Federico V do Palatinado|Federico V]]. Mais a situación mudou con rapidez, cando [[Maximiliano I de Baviera|Maximiliano I]], duque de Baviera reagrupou as forzas da [[Liga católica]], enviando o conde de [[Jean 't Serclaes, conde de Tilly|Tilly]] directamente a [[Praga - Praha|Praga]].
 
== Batalla ==
O comandante protestante, [[Christian I de Anhalt-Bernburg|Christian de Anhalt-Bernburg]], despregou as súas tropas nas ladeiras dun outeiro, ''a montaña blanca'' (en checo : ''Bílá Hora'', en alemán : ''Weissenberg''), bloqueando dese xeito a ruta para [[Praga - Praha|Praga]]. As tropas ocupaban unha posición sólida : o flanco dereito estaba cuberto por un pavillón de caza, e o flanco esquerdo por un rego. Había outro rego e algúns lameiros por diante da posición.
 
[[Jean 't Serclaes, conde de Tilly|Tilly]] observando a posiciónn inimiga enviou os seus mellores homes contra unha pequena ponte que cruzaba o rego e mandou atacar o centro, con apoio de fogo artilleiro moi nutrido. Logo de dúas horas de combates encarnizados, a rotura do centro das liñas enemigas, puxo fin aos combates.
 
== Consecuencias ==
 
O exército checo ficou destruído. [[Jean 't Serclaes, conde de Tilly|Tilly]] entrou en [[Prague]]. A liberdade de relixión ficou suprimida. 27 dos xefes da insurrección foron executados no mesmo centro de Praga. Os protestantes escaparon do país. [[Federico V do Palatinado|Federico V]], elixido rei aínda o [[4 de novembro]] de [[1619]], tamén fuxíu. A brevedade do seu reinado, apenas dun ano, valeulle o alcume de ''rei do inverno'' (''Winterkönig'').
 
A sorte da batalla coutou a independencia de [[Bohemia]] durante un período de 300 anos. As tropas españolas, tentando cercar as provincias holandesas rebeldes, ocuparon o [[Palatinado]]. O [[protestantismo]] quedou ameazado con ser desbordado na [[Alemaña]], polo que [[Dinamarca]] entrou no conflito.
 
== Recoñecemento ==
Este artigo está baseado no correspondente da Wikipedia en francés.
 
== Véxase tamén ==
* [[Guerra dos Trinta Anos]]
 
{{ORDENAR:Montaña Branca, Batalla da}}
 
[[Categoría:Batallas da Guerra dos Trinta Anos]]
[[Categoría:Batallas do século XVII]]
Liña 60 ⟶ 61:
[[sv:Slaget vid Vita berget]]
[[uk:Битва на Білій Горі]]
[[zh:白山之戰]]